Folga de transporte
Estimadas familias:
Os días 27 e 28 de abril de 2023 está convocada unha folga de transporte. Aínda que nun principio os servizos mínimos están garantidos para o servizo escolar é preciso estar atentos a calquera inconvinte ocasionado por esta folga.
Un saúdo.
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS
Xa están publicadas, no taboleiro de novas do centro, as listaxes de admitidos provisionais para o curso 2023-2024.
PROGRAMA OBSERVA_ACCIÓN
No CEIP Plurilingüe Monte dos Postes estase a levar un programa denominado Observa_acción no que o profesorado participante está a investigar sobre a súa propia práctica docente. A intención deste programa é mellorar a práctica comezando por unha posta en común, a continuación observación na aula e finalmente a sesión de análise da sesión/s observadas. Este programa é para mellorar a calidade educativa do proceso de ensinanza-aprendizaxe.
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Estimadas familias:
Ata o martes día 11 de abril non se reanudará a actividade académica.
Boas vacacións.
Folga de transporte
Estimadas familias:
Mañá 31 de marzo de 2023 está convocada unha folga de transporte. Aínda que nun principio os servizos mínimos están garantidos para o servizo escolar é preciso estar atentos a calquera inconvinte ocasionado por esta folga.
Un saúdo.
DÍA DE ROSALÍA 2023
Posted Marzo 2nd, 2023 by adminPREME NA IMAXE DE ROSALÍA PARA VER AS ACTIVIDADES
Convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares. Curso 2023-2024
Estimadas familias:
O prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (do 24/02/2023 ao 9/03/2023).
Documentación Adxunta:
Publicación Base Nacional de Subvencións
Un saúdo.
CELSO F. SANMARTÍN
O venres 23 visitounos Celso F. Sanmartín. Agora xa sabemos que
dende Lalín se pode ver o mar!! Canto gozamos escoitándoo!!!
Esta actividade foi proposta polo EDLG e financiada pola ANPA con
fondos da Deputación da Coruña.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »