Vacacións de Semana Santa
Estimadas familias:
Ata o martes día 2 de abril non se reanudará a actividade académica.
Boas vacacións.
ADMISIÓN (Do 1 ao 20 de marzo de 2024)
Estimadas familias:
Para obter toda a información relativa á admisión para o vindeiro curso 2024-2025 premer aquí.
Un saúdo.
ENTROIDO 2024
Estimadas familias.
Aquí tedes os videos da celebración do entroido "MASCOTAS OLÍMPICAS" no cole.
Educación infantil Pekín 2008 (Beiging): Jingjing, Beibei, Nini, Yingying e Huanhuan:
1º Primaria Sam, a mascota de Los Ángeles 1984
2º Wenlock e Mandeville de Londres 2012
3º Vinicius e Tom de Río de Janeiro 2016
4º Hodori de Seúl 1988
5º Miraitowa e Someity de Tokio 2020
6º Cobi de Barcelona 1992
Ponte de Entroido 2024
Estimadas familias:
Ata o vindeiro xoves 15 de febreiro non se reanudará a actividade lectiva.
Boas festas de Entroido!
Xornada de portas abertas
Estimadas familias:
O martes día 5 de marzo ás 17.00 horas celebrarase a xornada de portas abertas para as familias do novo alumnado de 3 anos.
Un saúdo.
SOLICITUDE DE RESERVA PARA O IES
Comunicámoslles que do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, estará aberto o prazo para solicitar a reserva nos institutos adscritos ao noso colexio (IES Antonio Fraguas e IES Xelmírez II).
Se os/as alumnos/as van solicitar praza noutro centro non adscrito ao CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, deberán facelo durante o período ordinario de admisión (normalmente entre o 1 e o 20 de marzo).
IMPORTANTE: A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis)
Un cordial saúdo,
Equipo Directivo.
BO NADAL
Estimadas familias:
O vindeiro luns día 8 de xaneiro de 2024 reanudaranse as clases.
Moi bo Nadal e próspero Aninovo.
Boas Festas!
PONTE DA CONSTITUCIÓN
Estimadas familias:
Só lembrar que entre o día 6 e o 8 de decembro hai ponte (o día 6 pola Constitución, o 7 polo día do ensino e o 8 polo día da Inmaculada). O luns 11 de decembro retómanse as clases.
Un saúdo.
Día de todos os santos
Estimadas familias:
O día 1 de novembro é o día de Todos os Santos, polo tanto non hai clase. O día 2 de novembro retomaranse as clases novamente.
Un saúdo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »