PONTE DA ASCENSIÓN

Estimadas familias:

O xoves 21 de maio, celébrase a festa da Ascensión (festa local no Concello de Santiago de Compostela) e o venres 22 de maio é o día non lectivo solicitado polo Consello Escolar do Centro, polo que o colexio permanecerá pechado.

O luns 25 reanudaranse os trámites administrativos que se anuncian na páxina WEB do centro.

Un saúdo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO / AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO / MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

A Consellería publicou a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula o Fondo Solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar:

 - Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

 - Fondo Solidario de Libros de Texto para alumnado de 3º e 4º de Primaria, xa que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria utiliza o Proxecto E-dixgal e non precisa solicitalo.

 - Axudas para adquirir material escolar de Educación Primaria con renda inferior ou igual a 6000€, cunha discapacidade igual ou superior ao 65% ou en garda ou tutela pola Xunta. Lembrar que o alumnado de 5º e 6º de E-dixgal poden solicitar esta axuda.

Para respectar as recomendacións sanitarias do COVID-19 achéganse as seguintes quendas para a presentación de solicitudes:

 

Data e hora

Solicitude de libros de texto

Solicitude de material

Do 25 ao 29 de maio de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 1º de Educación Primaria

Alumnado que pasa para 1º e 5º de Educación Primaria (5º non pode solicitar libros de texto xa que utiliza computadores do proxecto E-dixgal)

Do 1 ao 5 de xuño de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 2º de Educación Primaria

Alumnado que pasa para 2º e 6º de Educación Primaria

Do 8 ao 12 de xuño de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 3º de Educación Primaria

Do 15 ao 19 de xuño de 9.00 a 14.00 horas

Alumnado que pasa para 4º de Educación Primaria

***Do 20 de maio ao 19 de xuño no IES no que solicita praza***

***Alumnado que pasa para 1º da ESO***

A solicitude é única para todos/as os fillos/as que estean matriculados no centro no ano 2020-2021. A solicitude pode cumprimentarse:

- De xeito manual, imprimindo ou recollendo o anexo I e II e facendo a entrega de forma presencial no centro nas datas indicadas.

- Na aplicación Fondo Libros, xerando un número de solicitude e realizando a presentación ben na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou ben de forma presencial no centro.

***Lembrade que o prazo para a presentación de solicitudes será do 20 de maio ao 19 de xuño, ambos inclusive.***

Para máis información premer:

Convocatoria

Anexo I e II

 

Baremación. Solicitude de Certificado de empadroamento e achegamento de documentación.

Estimadas familias:

Lémbrase ás familias que precisen o Certificado de Empadroamento, expedido polo Concello de Santiago de Compostela, para o proceso de admisión que sigan as medidas de contixencia polo COVID-19:

- Atención presencial ao cidadán: unicamente con cita previa.

- Poden solicitar cita previa no teléfono 981 54 23 18 ou no correo electrónico padronmh@santiagodecompostela.gal

- Tamén poderán realizar os seus trámites e solicitar certificados do Padrón de Habitantes a través do correo electrónico padronmh@santiagodecompostela.gal

Premer para ver o anuncio.

Debido a que hai que baremar é necesario que as familias que non achegaran a documentación (padrón, certificado do traballo, ...) o fagan con data límite o día 26 de maio de 2020 tal e como se indicou nas normas de admisión publicadas nesta WEB.

Un saúdo.

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Estimadas familias:

Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020 publícanse as Adaptacións das Programacións Didácticas. 

Premer aquí para obter máis información

Un saúdo.

NORMAS DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

A continuación achéganse as normas que hai que cumprir no proceso de admisión para o acceso ao centro e tamén información relativa ao calendario de publicación.

Premer aquí para obter a información

Un saúdo.

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, restablécese polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. O centro educativo estará aberto de 9.00 a 14.00 horas só para recibir as solitudes de admisión.

Un saúdo.

Premer aquí para obter a información publicada no DOG

INSTRUCIÓNS DO TERCEIRO TRIMESTRE

Estimadas familias:

No día de hoxe recibíronse as instrucións da Consellería relativas ao terceiro trimestre.

Para obter máis información premer aquí.

Un saúdo.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Estimadas familias:

As vacacións de Semana Santa comprenden entre o día 4 e o 13 de abril (ambos incluídos).

Moita saúde.

SEGUNDA AVALIACIÓN

Estimadas familias:

A efectos de dar continuidade ao calendario escolar, os centros educativos procederemos a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Para iso, terase en conta o traballo desenvolvido ata o 14 de marzo (unha vez publicado no BOE o Estado de Alarma).

As familias dadas de alta en ABALAR, poderán acceder as cualificacións a partir das 15.00 horas do 3 de abril. As que non o estean, poden darse de alta seguindo as instrucións referidas no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/abalarmobil

Estade atentos á páxina WEB do centro, xa que a información muda cada pouco tempo debido a esta situación excepcional.

Aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo e moito ánimo. Desexamos que en breve poidamos estar de volta nas aulas.

Un saúdo.

 

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

Seguindo as instruccións da Consellería de Educación amplíase o prazo de matrícula a UNHA SEMANA DESPOIS DE QUE SE REINICIEN AS CLASES.(Premer aquí 16/03/20)

Recoméndase a utilización preferente da solicitude telemática a través da páxina WEB da Consellería (premer aquí).

Debido á publicación do Real Decreto 463/2020, no que se define o Estado de Alarma, estade pendientes á páxina WEB do colexio porque hai informacións novas cada pouco tempo.

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top