BO NADAL 2021

Días festivos da semana da Constitución

Estimadas familias:

A vindeira semana o día 6 e o día 8 de decembro son festivos (día da Constitución e día da Inmaculada). O martes 7 de decembro é día lectivo polo tanto haberá clase e servizos complementarios (transporte e comedor).

Un saúdo.

LABORATORIO ITINERANTE DAS CIENCIAS: A AUGA

 

Durante catro días puidemos gozar, no colexio, dun laboratorio sobre a auga cedido pola Asociación Ambiental ADIANTUM.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS - XUNTA DE GALICIA

Estimadas familias,

Hoxe publícase no DOG a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria.

O alumnado destinatario será:

 Alumnado matriculado en educación primaria que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2021/22 (vale de 50€) (NON TEN QUE FACER NINGUNHA SOLICITUDE).

Alumnado matriculado en educación primaria que non fose beneficiario da dita axuda por diferentes causas pero:

  1. Pertenza a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000€ (tense en conta o exercicio fiscal 2019).
  2. Alumnado matriculado en Educación Especial.
  3. Alumnaso suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  4. Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • (NESTES CATRO CASOS, TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE)

A solicitude será única para todos os fillos/as que estean no mesmo centro docente e deberá entregarse presencialmente no colexio no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no DOG xunto coa documentación que se sinala na Orde. É dicir entre o 15 e o 26 de novembro de 2021.
Enviámoslles o formulario de solicitude que tamén poden solicitar por teléfono no centro e entregariámoslla ao seu fillo/a.

Recorden que seguindo o Plan Covid, os horarios de atención ao público para realizar trámites administrativos son:  De LUNS a VENRES de 9.10 a 13.45 h. 
     

Un saúdo

Convocatoria (premer aquí).

Solicitude (premer aquí).

CALENDARIO DO EDLG

Publicamos o calendario escolar elaborado polo EDLG dentro da campaña de animación e promoción do uso da nosa lingua#eufalogalego. Para descargar o calendario preme na imaxe. 

MAGOSTO

Hoxe celebramos o magosto no colexio. Foi financiado

pola ANPA con fondos da Deputación da Coruña.

                                   

 

 

 

XOGOS DE MESA NA BIBLIOTECA

Esta semana fíxose un obradoiro de Xogos de mesa.

Levouno a cabo Sandra da xoguetería educativa Escondi-T

e Irimia de Brazolinda.

Eleccións a Consello Escolar

O proceso de eleccións do Consello Escolar do centro comezou onte coa constitución da Xunta Electoral. A información sobre todo o proceso foi achegada por correo electrónico. A continuación achégase a folla de inscripción das candidaturas. Lembrar que o prazo remata o vindeiro día 11 de novembro ás 14.00 horas.

Un saúdo.

Folla inscripción (premer aquí)

PONTE DE TODOS OS SANTOS

Estimadas familias:

A vindeira semana non haberá clase o luns día 1 de novembro (festividade de todos os santos). Polo tanto retomaranse as clases o martes día 2.

Un saúdo e boa ponte!

Distribuir contido

Back to top