Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Radio patio

Comezamos o curso nas ondas!

 

Hoxe o alumnado de quinto e sexto, biblioaxudantes, abren a radio de noso cole!

Desexando un bo curso a toda a comunidade educativa, presentándose e quitándolle o ferruxe aos nosos intrumentos e ferramentas da radio!

Neste curso 2024-2025 Radio Baliño segue a emitir por terceiro ano, con moito cariño!

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO. ADIVIÑA O CONTO

 AQUÍ DEIXAMOS UNHAS ADIVIÑAS SOBRE CONTOS COÑECIDOS. SE QUEREDES PASAR UN BO RATO ECOITADE ESTE PROGRAMA E XOGADE CONNOSCO! TALOGO SI!!

Día da poesía

Hoxe foi un día moi especial, cheo de celebracións, chega a primaveira, o día da árobe e o día da poesía!

Pero se algo temos que destacar hoxe tamén, é que estamos moi orgullosas e orgullosos do noso alumnado, por primeira vez este curso emitimos en directo un programa adicado a poesía durante a hora do recreo, que ben o fixeron, que xeito, que arte, que maneira de emocionarnos!

NORABOA A TODAS E A TODOS POR ESTE GRAN PROGRAMA!

Distribuir contido


by Dr. Radut