Día da PAZ

Día da paz 2021

A pesares da situación que estamos a vivir; dos momentos tan complexos que temos e da incertidume que nos acompaña todo o día... aínda temos enerxía para conmemorar co noso alumnado datas moi importantes. Todo o centro colaborou para construir un muro pola paz, no que amizade, solidariedade, xustiza, bicos e outros verbas fermosas constrúen este bonito mural que reflexa os nosos desexos.

 

MÁIS ACTIVIDADES POLO DÍA DA PAZ

Tamén montamos entre todo o alumnado o mural "A paz aniña na lingua". Unha pomba rodeada de niños nos que escribiron fermosas verbas en galego. 

 

                  "A PAZ ANIÑA NA LINGUA"               

 

Outra actividade foi facer a recita da Masa da Paz.

 

E, cousas do destino ou da casualidade, a mestra Pilar atopou unha pomba branca de poliespan que foi lanzada ao aire desde a escola Externato Pingüin en Chaves o ano pasado. Decidimos enviarlles un correo electrónico para que souberan ata onde chegou a súa pomba. 

 

 

Día da Paz

O día 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz na nosa escola. Pola mañá tivemos a sorte de ter connosco a Ana Vila para facer un  "Obradoiro de Poemas con sabor a Paz" e, pola tarde, reunímonos tod@s para facer un recitado de poesías da Paz.

Que sorte temos cos nosos poetas!

Distribuir contido