Skip to Content

SABELA GAGO, MALETAS VIAXEIRAS -Mes das Letras

 

 

A punto de finalizar o Mes das Letras Galegas, SABELA GAGO e as súas maletas viaxeiras chegan a Biblioforte.

 

Cunha contada teatralizada e interactiva

a gran actriz, pedagoga e contadora de contos embárcanos nunha fascinante viaxe na que ollar o mundo doutra maneira e viaxar sen saír do lugar, coa lectura e a imaxinación.

  

 

Dous libros,

  

 

maletas de distintos tamaños e formas

e unha gran actriz contadora de contos, engaiolaron ao alumnado de Infantil e 1º Ciclo, que na compaña de Sabela Gago  viaxou a países reais e imaxinarios: en avión, barco, helicóptero e ata nunha nave espacial.

Visitaran París, Londres, Roma, Brasil, Nova York, Sevilla...

 

 

Rematamos a aventura na gran muralla chinesa xunto a ratiña Sofía na súa viaxe polo Universo para descubrir quen é o ser mais poderoso do Mundo.

  

 

Moitas grazas Sabela pola túa visita e por facernos pasar un rato tan agradable e divertido viaxando coa lectura e a imaxinación .

Ata pronto!!!

 



page | by Dr. Radut