English activities (tarefa 9)
Hello again! Debido a que xa rematamos o repaso correspondente ás unidades que xa vimos na aula, comezamos hoxe unha nova (unit 5) que traballaremos seguindo a estrutura das anteriores. Por outra banda, ao ser un bloque de materia novo, traballarémolo de forma lenta e guiada.
What´s the matter?
Steps to follow:
1) Vocabulary. O vocabulario deste bloque refírese ás doenzas. verémolo de tres maneiras posibles seguindo esta orde:
a) Visionade as diferentes partes deste video para aprender as distintas doenzas.
b) Stick and say. Na páxina 51 do libro, pegade os stickers que se correspondan a cada imaxe (atoparédelos ao final).
c) Review. Escoita e repite en voz alta. Health problems.
2) Worksheet. Adiviña a doenza de cada neno ou nena fixándote na imaxe. coloca a letra correspondente no cadro en branco. Debaixo, completa o oco coas palabras do recadro. (adxuntos).
3) Story time! Jay, Sue, Tom e Shopie non se atopan ben, pero o Doutor e Tiger tratarán de animalos. Escoita e ve a historia. (tamén a podes seguir e ler a través das páxinas 52 e 53 do libro). Ao rematar, podes responder a estas preguntas:
- What´s de matter with Jay? - What's the matter with Sophie? - What´s the matter with Sue?
4) Worksheet 2. Rodea e separa cada palabra do termómetro. Despois escríbeas onde corresponda. (adxuntos).
5) Song! Escoita e aprende esta canción. Ao rematar, Marca cun tick as doenzas que escoites e escríbeas (exerc. 6 páx 54)
6) Game time! Coloca cada palabra no oco correspondente.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
worksheet | 496.42 KB |
Worksheet 2 | 406.54 KB |