Socializando

Co afán de manter a relación entre toda a comunidade educativa  e fomentar a escritura, a creatividade e o espírito solidario no alumnado, propóñovos, a todos,  dúas actividades complementarias:

- Mensaxes  de Ánimo

Escribir unha mensaxe de ánimo, unha carta ou facer un debuxo dirixido a aquelas persoas que están enfermas polo Covid-19 ou, aquelas outras, que traballan para que se curen (persoal sanitario e de limpeza e mantemento nos hospitais) ou para evitar contaxios axudándonos a manter o illamento  (persoal de reparto, do supermercado, policías, farmacéuticos, etc)

 Cada quen poderá elixir o colectivo ao que dirixir a súa mensaxe de ánimo, seguindo o formato indicado:

-      Tamaño: folio A4.

-          Infantil.  un debuxo

-          1º, 2º e 3º: unha mensaxe cun debuxo

-          4º, 5º e 6º unha carta (seguir modelo)

 

 

- Relirecetas:

Estamos preparando unha nova sección na que os compis de reli podedes compartir as receitas típicas das vosas familias. Pero non vale calquera, ten que ser unha especialidade relacionada cunha festa cristiá. Por exemplo: osos de santo (día de todos os santos), torradas (coáresma), ovos de Pascua (Pascua), etc. Pode ser que na vosa familia se prepare unha sobremesa especial polo domingo de Pascua ou un prato típico para Semana Santa.

 As receitas deben axustarse ao seguinte formulario

1.- Festa cristiá

2.- Nome do prato

3.- Ingredientes

4.- Elaboración (resumo da preparación con tempos e cantidades)

5.- Fotografía

 Tamén estaría ben que nos contásedes o grao de dificultade, quen fai ese prato e a vosa participación na súa elaboración.

 ........................................

Enviar a través da aula virtual ou ao correo  relinovo20@gmail.com

Publicaranse no blog de Relixión.

Animo!

 Un saúdo

Sol