ENTROIDO 2018
ENTROIDO 2018
Celebramos o Entroido dun xeito un pouco especial, polo que ao longo desta semana, 5 ao 9 de febreiro, o “Meco” dará instrucións diarias sobre que prenda traer posta: o luns, 5, deberán traer algo na cabeza (gorro, sombreiro, boina,pañol, ...).
Os nenos/as iranlles indicando o que o “Meco” lles manda traer cada día.
Non se trata de mercar unha prenda; senón de aproveitar algunha das que xa temos na casa para facer a “festa”.
O venres, 9, o alumnado de Primaria poderá vir xa disfrazado da súa casa (pregamos que sexa sinxelo para poder ir ao servizo¡). Infantil disfrazarase só pola tarde. Haberá desfile, bica e chocolate para todos (a partires das 15:30 h.).
Asemade, lembrámoslles que os días 12,13 e 14 de febreiro non son lectivos, segundo establece o calendario escolar.
A dirección