Presentamos en imaxes a segunda parte do Laboratorio de Ideas arredor de:
-A corresponsabilidade familiar, partindo da lectura "O libro dos porcos" de Anthony Browne buscamos información, organizámola e tratámola para reflexionar sobre a mesma e sacar conclusións, ideas para mellorala.
-As Mulleres das nosas familias, partindo da lectura do libro "A nai da nai da miña mamá" de Alejandra Schmidt homenaxeamos as nosas nais, avoas, bisavoas... recollendo as súas receitas queridas e elaborando os seus retratos para o mural de aula.
32 ficheiros, último engadido a mar 25, 2021 Álbum visto 9 veces
Para pechar o Laboratorio de Ideas, desenvolto ao longo do mes de marzo, tivemos a gran sorte de contar coa visita de Dna. Carmen Trigo, profesora de cociña tradicional e madriña do noso espazo creativo "Laboratorio de Cociña".
Elaborou a receita "Galletas de nata" que recollemos detalladamente na nosa plantilla "Receitas queridas".
Grazas a Carmen, Carmiña como a coñecen en Malpica, pola súa gran xenerosidade a cal nos permitiu desfrutar dun fermoso peche do Lab. de Ideas e fin de 2º trimestre ao calor das emocións e a cociña.
53 ficheiros, último engadido a mar 25, 2021 Álbum visto 20 veces
Iniciamos o 3º trimestre atendendo ao PDI anual, Visión 3C, e a Creatividade será o eixe central.
Para iniciarnos visualizamos o capítulo Creatividade de Brainchild (pequeñas grandes mentes) da plataforma Netflix, a través do cal realizamos diferentes probas experimentais e unha delas foi crear a partir dunhas liñas dadas; así xurdiron ideas como: grampadora, xeado, silla...
Seguimos!
14 ficheiros, último engadido a abr 27, 2021 Álbum visto 7 veces
Laboratorio de Imaxe do mes de abril no que creamos carteis para celebrar o Día do Libro 2021 fomentando lectura na nosa comunidade despois de usar a Biblioteca, os recunchos do espazo creativo LeoLab e o programa de edición de códigos QR
Compartimos lecturas, creacións e experiencias.
Feliz Día do Libro 2021!
70 ficheiros, último engadido a abr 23, 2021 Álbum visto 14 veces
Na Biblioteca e na aula desenvolvemos a Alfabetización en Información (ALFIN): busca, selección, organización, tratamento e comunicación da información para transformala en coñecemento a través do lapbook de Ciencias Naturais e Sociais do 3º trimestre do curso 2020/21.
Seguimos sendo protagonistas das nosas aprendizaxes!
17 ficheiros, último engadido a mai 06, 2021 Álbum visto 11 veces
Creamos o noso caderniño de lapelas de ortografía: lapelas e fitas ortográficas para reforzar, repasar sendo creativ@s na súa elaboración.
Outra das nosas producións propias!
9 ficheiros, último engadido a mai 06, 2021 Álbum visto 3 veces
Celebramos as Letras Galegas 2021 con Xela Arias a través do desenvolvemento do Lab. de Son, Festexamos: o mundo escríbese...con X!
Na nosa Biblioteca visionamos o telexornal Xela Arias, do CEIP dos Dices (Rois), e completamos o portfolio de biografía e escrita de Xela que incluía un comecocos e marcapáxinas. Tamén desfrutamos co vídeo remitido por Xerais da escritora Yolanda Castaño que nos falou da Xela nena e a Xela muller.
A través da nube de palabras do noso curso escolar, repasando o feito para a revista escolar, creamos en gran grupo as nosas estrofas para gravar en Radio Balea e elaborar un cartel, produción escrita e imaxes (nosas e da Axenda 2030) que formará parte da exposición final do colexio.
Nós xa creamos a nosa exposición de aula Letras Galegas 2021: Lab. de Son e Lab. de Ideas...MateCreando co conto de Xela "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia"
Pechamos así o noso Mes das Letras enlazando o Lab. de Son e o último laboratorio, o Lab. de Ideas: construíndo un mundo mellor!
68 ficheiros, último engadido a mai 14, 2021 Álbum visto 11 veces
Plantamos...ideas naturais! no Laboratorio de Ciencias, partindo do conto de Xela Arias A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia, reciclando ovos de parrula coma testo, serraduras das árbores da fraga coma substrato e comida de paxaros, alpiste, coma semente.
Dándolle vida ao testo obtemos unha cabeza da que medran ideas moi, moi naturais!
48 ficheiros, último engadido a mai 28, 2021 Álbum visto 7 veces
E chegou o gran día! Completamos o programa "Aprende a través del Surfing" da man dos profesionais de One Surf Academy na praia Area Maior de Malpica mediante prácticas na auga e na terra para desenvolver o coidado e valoración do noso medio, compañeirismo, traballo en equipo, solidaridade.
Un día cheo de emocións e moita diversión, valorando, coidando e desfrutando do noso.
103 ficheiros, último engadido a mai 20, 2021 Álbum visto 26 veces