Laboratorio Experimental complemento do lapbook de C.C.Sociais "Comunicando: coidemos o noso Planeta! A Terra e o clima".
Que son as nubes? Observándoas vemos formas recoñecibles, fénomeno pareidolia, e algunhas parecen de algodón, cúmulos.
A experimentar...creando cúmulos en vasos.
30 ficheiros, último engadido a Dec 06, 2020 Álbum visto 16 veces
Un outono cheo de palabras e pictogramas para emocionarnos, para crear, para comunicarnos, para expresarnos porque temos dereito a ser escoitados/as.
Palabras, pictogramas partindo da poesía de Gianni Rodari "Palabras" e os Dereitos da Infancia para construír un mundo mellor.
50 ficheiros, último engadido a Dec 02, 2020 Álbum visto 17 veces
Os programas Que me contas? e MillaInforma foron a nosa estrea este 1º trimestre na nosa radio: Radio Balea.
Agradecer ao profesorado do equipo de radio o seu apoio.
17 ficheiros, último engadido a Dec 06, 2020 Álbum visto 13 veces
Desenvolvemos o Lab. de Ideas integrado no lapbook de C.C. da Natureza "Comunicando: a enerxía move o mundo! Máquinas e enerxía.
Creamos unha máquina: satélite artificial comestible!
Alexis tamén creou un satélite, pero natural. Elaborou coas súas mans e a axuda das mestras de apoio o satélite natural da Terra: Lúa chea!
32 ficheiros, último engadido a Dec 20, 2020 Álbum visto 9 veces
Presentamos os nosos EmocionBots, produtos finais cos que desenvolvemos as emocións, a creatividade e as 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar) entre outras aprendizaxes.
67 ficheiros, último engadido a Dec 20, 2020 Álbum visto 11 veces