AXUDA ADQUISICION LIBROS:
BENEFICIARIOS E REQUISITOS:
1º e 2º de Ed. Primaria: - Renda inferior ou igual a 6.000 € a axuda será de 240€
- Renda superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€ a axuda será de 160€
Ed. Especial, alumnado en garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, 240€ con independencia da Renda
PRÉSTAMO LIBROS:
BENEFICIARIOS E REQUISITOS:
3º e 4º de Ed. Primaria: - Renda inferior ou igual a 6.000 € : 6 libros de texto
- Renda superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 4 libros.
5º e 6º de Ed. Primaria: - Non hai axuda libros (pertencen a E-dixgal)
Ed. Especial, alumnado en garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 6 libros de texto con indenpendencia da Renda.
O alumnado con necesidades específicas que non poida utilizar os libros terá unha axuda dependendo da renda que será de 300€.
AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL:
BENEFICIARIOS E REQUISITOS:
Alumnos matriculados en Ed. Primaria Renda igual ou inferior a 6.000€: 75€.
Renda superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 60€
Ed. Especial, alumnado en garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 75€ con indenpendencia da Renda.
PRAZOS: Presentación solicitudes ata o 21 de xuño. Listaxes provisionais: 26 de xuño. RECLAMACIÓNS: 29 de xuño Listaxes definitivas: 1 de xullo |
Entrega libros e material Do 2 de xullo ao 11 de xullo e do 1 ao 10 de setembro |
RENDA PER CÁPITA: -tomaránse os datos da declaración da renda de 2022- Sumaranse os recadros 435 e 460 e dividirase o resultado entre o número de membros da unidade familiar, o dato obtido será a Renda per cápita. Os membros con discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionistas incapacidade da Seguridade social computarán como dous aos efectos de renda
DOCUMENTACIÓN
- En todolos casos: Anexo II, Libro de familia, sentenza xudicial e/ou convenio regulador (custodia fillos)
- casos especiais: certificado familia numerosa, certificación discapacidade, certificado pensión..., certificado convivencia, Resolución ou certificado centro menores, convenio regulador custodia fillos. Situación violencia de xénero...No caso de non ter DNI (os pais): cert. Convivencia, informe Serv. Sco. ou equivalente
TODA A DOCUMENTACIÓN A TER EN CONTA DEBERÁ REFLECTIR A SITUACIÓN PERSOAL, FAMILIAR E ECONÓMICA A 31 DE DECEMBRO DE 2022, AGÁS NO RELATIVO A SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO e SEPARACIÓN CON CUSTODIA EXCLUSIVA DUN PROXENITOR.
PARA SER BENEFICIARIO DESTAS AXUDAS DEBERÁ DEVOLVER OS LIBROS QUE TIVERA EN PRÉSTAMO -DE SER O CASO- O PRAZO PARA ESTO SERÁ O 21 DE XUÑO
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ ÚNICA PARA TODOS OS FILLOS MATRICULADOS NO MESMO CENTRO E REALIZARASE PREFERIBLEMENTE NA APLICACIÓN FONDOLIBROS https://www.edu.xunta.es/fondolibros, NO FORMULARIO ED330B-anexos I e II, na sede electrónica https://sede.xunta.gal, (na presentación electrónica, cubrirase unha solicitude para cada alumno)