NOTA INFORMATIVA PARA PAIS /NAIS
➢ INFORMACIÓN SOBRE O BLOG DE SEGUNDO CURSO
A partir desta semana poderán atopar o enlace do blog de segundo tamén na páxina web do centro. Poderán atopalo na marxe dereita no apartado blogs do Mestre Vide. Intentamos así facilitar o seu acceso. NON DUBIDEN EN USALO.
Sabemos que moitos nenos/as están facendo nas súas casas traballos moi creativos e diversos que sempre que vostedes o consideren oportuno poderemos colocar no blog para compartilos de esta maneira cos seus compañeiros/as.
Poden facer unha foto, gravar un vídeo... que nós intentaremos subir ao blog o antes posible.
➢ INFORMACIÓN SOBRE A AULA VIRTUAL
Os que desexen entrar na aula virtual do centro xa o poden facer a partir de esta semana.
Aquí poderán atopar ACTIVIDADES E ENLACES PARA APRENDER XOGANDO.
Se trataría de actividades a facer de forma complementaria aqueles que poidan e desexen facelo.
As tarefas seguiremos colocándoas na páxina web do centro e no noso blog tal como viñamos facendo ata agora coas instruccions semanais.
Para correxir as tarefas de autocontrol ou calquera outra seguen as contas de correo xa coñecidas. Para entrar na aula virtual necesitan un nome de usuario e un contrasinal que lle permitirá acceder.
INSTRUCCIÓNS PARA O USO DA AULA VIRTUAL
Para acceder á aula virtual o primeiro é entrar na páxina web do centro. Na parte superior esquerda atoparán unha pestana co nome AULA VIRTUAL.
Unha vez dentro situaranse no segundo curso de primaria.
Os alumnos/as xa están matriculados na aula virtual polo que non deben entrar como convidados. Deben buscar na parte superior dereita da páxina na que se atopan unha pequeña pestana de (acceso)