Skip to Content

2024

Revista 2024

 
 

Enquisa convivencia curso 23

 

 
 
 
 
 
 

libros de texto 24/25

 

 
 

solicitudes 1º ESO IES AS LAGOAS (RESERVA DE PRAZA)

LISTADO

 
 

Matrícula servizo acollida temperá curso 24-25

 

 
 

CAMPAMENTO VERÁN /CONCELLO OURENSE

CONCILIA VERÁN 2024

DATAS E PRAZOS

DATAS 6 ao 11 xuño INSCRICIÓN EN LIÑA ( APP Moubil do Concello de Ourense) 14 de xuño

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E LISTAS DE AGARDA 17 ao 21 de xuño

DOCUMENTACIÓN E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ON LINE (conciliaeducacion@ourense.gal) ou PRESENCIAL na Concellería Educación 24 ao 27 de xuño

COMUNICACIÓN TELEFÓNICA COAS PERSOAS DA LISTAXE DE AGARDA EN CASO DE VACANTES

 
 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

Prazo de presentación:  Durante o mes de xuño.

 

Documentación:

 

  • . Solicitude (Entrégase no centro) 

  • .Informe médico 

  • .Tres fotografías tamaño carnet. 

  • .Fotocopia da tarxeta sanitaria 

 

  • .REUNIÓNS: 

    • Os pais, nais ou titores dos alumnos/as de 4º de Infantil ( tres anos) terán unha reunión no salón de actos do centro co profesorado deste nivel, co director e coa orientadora:

    • mércores día 26 de xuño as 11:30 horas e 

    • xoves día  5 de setembro  as 11:30 horas 

     

 

 

    • Ourense, 31 de maio de 2024

 

 
 

Axuda Adquisición Libros 2024/25

 

 

 

AXUDA ADQUISICION LIBROS:

BENEFICIARIOS E REQUISITOS:

1º e 2º de Ed. Primaria:          - Renda inferior ou igual a 6.000 €  a axuda será de 240€

                                               - Renda  superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€ a axuda será de 160€

Ed. Especial, alumnado en garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, 240€ con independencia da Renda

 

PRÉSTAMO LIBROS:

BENEFICIARIOS E REQUISITOS:

3º e 4º de Ed. Primaria:          - Renda inferior ou igual a 6.000 € : 6 libros de texto

                                               - Renda superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 4 libros.

5º e 6º de Ed. Primaria:          - Non hai axuda libros (pertencen a E-dixgal)

 

Ed. Especial, alumnado en garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 6 libros de texto con indenpendencia da Renda.

O alumnado con necesidades específicas que non poida utilizar os libros terá unha axuda dependendo da renda que será de 300€.

AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL:

BENEFICIARIOS E REQUISITOS:

Alumnos matriculados en Ed. Primaria Renda igual ou inferior a 6.000€:  75€.

                                                               Renda  superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 60€

Ed. Especial, alumnado en garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 75€ con indenpendencia da Renda.

 

PRAZOS:                                     

Presentación solicitudes ata o 21 de xuño.                

Listaxes provisionais: 26 de xuño.

RECLAMACIÓNS: 29 de xuño

Listaxes definitivas: 1 de xullo

Entrega libros e material

Do 2 de xullo ao 11 de xullo e do 1 ao 10 de setembro

 

RENDA PER CÁPITA: -tomaránse os datos da declaración da renda de 2022- Sumaranse os recadros 435 e 460 e dividirase o resultado entre o número de membros da unidade familiar, o dato obtido será a Renda per cápita. Os membros con discapacidade igual ou superior ao 33% ou pensionistas incapacidade da Seguridade social computarán como dous aos efectos de renda

DOCUMENTACIÓN

- En todolos casos: Anexo II, Libro de familia, sentenza xudicial e/ou convenio regulador (custodia fillos)

- casos especiais: certificado familia numerosa, certificación discapacidade, certificado pensión..., certificado convivencia, Resolución ou certificado centro menores, convenio regulador custodia fillos. Situación violencia de xénero...No caso de non ter DNI (os pais): cert. Convivencia, informe Serv. Sco. ou equivalente

 

TODA A DOCUMENTACIÓN A TER EN CONTA DEBERÁ REFLECTIR A SITUACIÓN PERSOAL, FAMILIAR E ECONÓMICA A 31 DE DECEMBRO DE 2022, AGÁS NO RELATIVO A SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO e SEPARACIÓN CON CUSTODIA EXCLUSIVA DUN PROXENITOR.

PARA SER BENEFICIARIO DESTAS AXUDAS DEBERÁ DEVOLVER OS LIBROS QUE TIVERA EN PRÉSTAMO -DE SER O CASO- O PRAZO PARA ESTO SERÁ O 21 DE XUÑO

 

 

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ ÚNICA PARA TODOS OS FILLOS MATRICULADOS NO MESMO CENTRO E REALIZARASE PREFERIBLEMENTE NA APLICACIÓN FONDOLIBROS https://www.edu.xunta.es/fondolibros, NO FORMULARIO ED330B-anexos I e II, na sede electrónica https://sede.xunta.gal, (na presentación electrónica, cubrirase unha solicitude para cada alumno)

 
 

AXUDAS LIBROS CONCELLO DE OURENSE

blob:https://bop.depourense.es/8d070c19-6dc9-403f-914e-ff3a383df1c0

ASUNTOS SOCIAIS ACORDO DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE AXUDAS EN ESPECIE PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARA COMEDORES ESCOLARES, CURSO 2024/2025 Extracto do acordo da convocatoria pública de axudas en especie para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares, curso 2024/2025 (exp. 2024003279) De conformidade co que establecen os arts. 17.3.b. e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index): Primeiro. Beneficiarios • Son destinatarios desta convocatoria, nos termos do art. 5 das bases reguladoras, unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros: • Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia. • Non superar os 4.000 € de renda per cápita anual para as axudas de libros e material escolar e os 3.700 € para as axudas de comedores escolares. • Compútase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con quen convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia). 

 

 Dende a Concellería de Benestar Social, informámoslles que xa teñen a súa disposición, a publicación do Acordo da convocatoria pública de axudas en especie para a adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares, curso 2024-25, tanto no Boletín Oficial da Provincia nº 77, venres 19 de abril de 2024 como no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense (ourense.gal } sede electrónica } taboleiro de anuncios).
O prazo para presentar as solicitudes xunto coa documentación pertinente, comeza o vindeiro luns día 22 de abril de 2024 e remata o 13 de maio de 2024 (incluído).
Poderán presentala:
    1. Pola sede electrónica do Concello de Ourense
    2. Oficina de rexistro ubicada en Praza Maior nº 1 e no barrio da Ponte (Avda das Caldas nº 28)
Para calquer dúbida poderán poñerse en contacto con nós telefonicamente o número 988 686 437, ou de maneira presencial no Negociado de Servizos Sociais (Rúa Primaveira nº 1) en horario de maña de 09:00 a 14:00

edixgal

Portada | espazoABALAR (xunta.gal)

Centros E-Dixgal | espazoABALAR (xunta.gal)

Equipamento aula dixital | espazoABALAR (xunta.gal)

Portada | espazoABALAR (xunta.gal)

Equipamento aula dixital

Equipamento aula dixital
Imaxe
Aula con ordenadores

 

Un portátil por aula

Para os docentes estará dispoñible un portátil HP ProBook 450G4, Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, todos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.

Os portátiles forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.

 

Imaxe
Portátiles

 

Unha pizarra dixital interactiva

O modelo de pizarra dixital interactiva que se facilitará aos Centros, será o SMART Board (SB68V e SB680) ou MultiClass MCI780. A súa superficie sensible ao tacto permite manipular todas as aplicacións do ordenador e a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou vídeos.

Ademais a distribución abalar conta co software  OpenSankore, que permite a creación de recursos interactivos dixitais para empregar nos Encerados Dixitais Interactivos

 

Imaxe
Pizarras dixitais

 

Un proxector

O proxector complementará ás pizarras dixitais interactivas.

É un proxector Epson EB-440, EB-460, EB-480 ou NEC UM-280XG, ambos de distancia ultracorta que pode proxectar unha imaxe de 70 polgadas nunha pantalla de  formato 4/3 a só 12 cm de distancia, polo que resulta perfecto para a aula e consegue eliminar as sombras provocadas por persoas ou obxectos situados diante da pantalla.

Imaxe
Proxector

 

Un armario para a carga dos equipos

Imaxe
Armario con rodas

O sistema de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos. Isto posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo.

O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo multimedia xa que no seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga, a conexión para o sistema multimedia.

Adicionalmente, permite obter dúas saídas de audio amplificadas, situadas nos laterais do armario de carga. Así, mediante a combinación de proxector e equipo portátil, o sistema convértese nunha completa estación multimedia desde a que é posible realizar calquera presentación reforzada con capacidades multimedia.

O sistema de audio atópase autoamplificado, polo que non é necesario realizar un axuste específico de audio para o control do seu sistema de son. Así pois, para regular o volume do seu sistema tan só necesita axústar o seu equipo multimedia ata o nivel que considere adecuado.

O proceso de carga pode ser detido en calquera momento mediante a pulsación do botón vermello situado no panel de control.

Os sistema conta con ventilación forzada para a extracción do aire quente que se xera durante a carga, é por iso que debemos ter especial coidado na súa situación para manter libres os accesos a estas zonas.

 

Imaxe
Armario aberto

 

Rede Wifi

A xestión e configuración das redes establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware da marca Aruba Networks (125, 134 e 215) configurados en redes WIFI e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.

Imaxe
Exemplos de router

 Equipamento

Imaxe
eqipamento EDIXGAL

Todo o alumnado participante dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE, HP ProBook x360 11 G5 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (todos os modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións, e características e prestacións similares), que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta.

Estes equipos poden ser empregados como portátil ou como tableta, son táctiles e traen integradas un amplo conxunto de aplicacións educativas agrupadas por categorías como imaxes en 3D de planetas, táboa periódica ou editor de moléculas para ciencias; dicionarios para as materias de lingua; apps de experimentos e circuitos eléctricos para física ou de operacións e gráficas para matemáticas, entre outras. Dende o equipo pódese acceder ao entorno virtual de aprendizaxe (EVA), tanto en modo conectado (on-line), como en modo sen conexión (a través do cliente off-line instalado no equipo).

Que se pode facer co portátil?

O equipo cedido ao alumnado do proxecto, é para uso persoal e educativo, é dicir, o alumnado empregará o equipo para seguir o proceso de ensino aprendizaxe e para realizar as tarefas educativas indicadas polo profesorado, ou calquera outra actividade educativa pertinente. Non se poderá usar o equipo para ningún outro uso persoal distinto da actividade educativa. Tampouco se poderá ceder a terceiras persoas. A utilización non permitida do equipo será recollida como conduta contraria a convivencia nas normas de organización, funcionamento e convivencia.

Outras normas a seguir no uso do equipo:

- Non se poderán realizar manipulación no ordenador nin no software instalado

- Deberá informarse ao/á titor/a do curso de calquera dano observado no equipo

- O alumnado deberá levar o ordenador ao centro todos os días, en condicións de uso e coa batería cargada

- O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso e cando o centro o solicite para realizar calquera acutaicón, ou calquera tarefa de mantemento, etc ...

- O profesorado e o/a coordinador/a E-Dixgal do centro poderán inspeccionar o ordenador cando o estimen oportuno, co fin de constatar o seu estado

Quen é o responsable do equipo?

A responsabilidade do correcto coidado do equipo e do seu bo uso recae nos/as pais/nais/titores/as legais, que deben responder do perda ou do seu mal uso. As averías que podan producirse na utilización diaria do equipo, que non sexan debidas a un uso inadecuado, están recollidas nos supostos de garantía do equipo, e polo tanto deben comunicarse solventarse a través das distintas canles do Servizo de soporte Premium. 

 Entorno Virtual de Aprendizaxe | espazoABALAR (xunta.gal)

Información para as familias | espazoABALAR (xunta.gal)

folleto_edixgal_23_24_0.pdf (xunta.gal)

O/A teu/túa fillo/a forma parte dunha xeración que crece nun mundo conectado, rodeado/a de smartphones, tabletas e ordenadores. A educación non pode ser allea a un mundo cada vez máis dixital. Por iso, dende a Xunta de Galicia puxemos en marcha o Proxecto Abalar, enmarcado na Estratexia de Educación Dixital 2020, para proporcionarlle ao alumnado e aos docentes as ferramentas tecnolóxicas para que o ensino se axuste á realidade social na que viven as actuais xeracións. Concibimos Abalar como unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital coa implicación de toda a comunidade educativa: familias, docentes e alumnado. Para conseguilo Abalar iniciou a súa andaina en 2010 proporcionando aos centros educativos: Equipamento e conectividade Contidos educativos dixitais Accións de formación e difusión para docentes e familias Canles de participación a través de espazos web e apps Abalar é unha iniciativa viva en evolución constante que ofrece contidos educativos exclusivamente dixitais para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º a 4º de ESO, grazas á plataforma de aprendizaxe virtual E-Dixgal. O/A teu/túa fillo/a é un/unha dos preto de 60.000 alumnos/ as galegos/as que xa estudan unicamente con libros dixitais e este ordenador é a súa ferramenta de estudo.

Que ofrece unha aula dixital? Encerado dixital interactivo As aulas dixitais están equipadas para ofrecer ao alumnado unha experiencia educativa adaptada ás necesidades duns/as rapaces/as que se desenvolven nunha contorna tecnolóxica. Videoproxector Conectividade WiFi Ordenador para o profesorado Ordenador para o alumnado O/A teu/túa fillo/a ten á súa disposición os contidos de todas as materias do seu curso na plataforma virtual de aprendizaxe. Dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a docente e un ordenador por alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo. Isto significa que non emprega libros en papel. Pode acceder a esta plataforma desde calquera ordenador con conexión a Internet e empregando as claves que se lle entregan na clase. Tamén pode acceder á plataforma sen ter conexión a Internet, a través dun programa que xa vai instalado no portátil EDIXGAL. Deste xeito, en caso de que non dispoñan de conexión a Internet na casa, o/a teu/túa fillo/a poderá seguir o curso sen dificultade.

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut