Os nenos e nenas de 5º e 6º imos o xoves 11 de abril a cantar Do It Now á Praza Maior para pedirlles aos adultos en xeral e aos políticos en particular que empecen a tomar medidas eficaces para deter o cambio climático.
En 2012, en Bélxica, mais de 380000 persoas cantaron “Do it Now” (faino xa), a canción chegou ata a conferencia das Nación Unidas sobre o clima que se celebraba en Doha.
O 20 de agosto de 2018, Greta Thunberg decidiu facer una “folga escolar polo clima” sentándose cerca do parlamento sueco para que o goberno do seu pais reducira as emisións de carbono en base ao Acordo de París.
En decembro de 2018, realizou un discurso ante o Cume do Clima das Nacións Unidas.
En xaneiro de 2019 participou no Foro Económico Mundial en Davos.
O venres 15 de marzo de 2019 tivo lugar unha oleada de folgas e manifestacións estudiantiles por todo o mundo para pedir medidas que deteñan o cambio climático, seguindo a convocatoria mundial do Friday For Future promovido por Greta Thunberg.
Nos queremos aportar o noso grao de area neste momento tan importante para o planeta e o xoves 11 de abril imos ir á Praza Maior e imos cantar en inglés e galego a canción “Do It Now” “Faino xa” xunto con outros 5 colexios da cidade.
“Necesitamos esperanza, pero máis que a esperanza o que necesitamos é a acción. En lugar de buscar esperanza debemos buscar acción. E só entón virá a esperanza”.
Greta Thunberg.