O xoves 28 de marzo fumos andando ao castro de San Tomé, saímos ás 9 da mañá e fomos pola beira do río Lonia ata chegar ao colexio de Mende, alí collemos una pista moi empinada que nos levou ata o castro pasando polo pobo de San Tomé.
Polo camino fomos aprendendo os nomes de moitas árbores e prantas e vimos a diferencia entre a vexetación da ribeira do río e a de montaña.
Ao chegar ao castro, o pai de Miguel explicounos como eran as casas que había alí e vimos un sistema de calefacción moi curioso que tiñan nunha delas.
A nai de Xiana, que nos acompañou durante toda a excursión, tiña preparado un xogo moi divertido no que nos convertimos en señores, escravos mercaderes, artesans…
Despois fomos ver como se fai una excavación arqueolóxica, van excavando por capas con moito coidado e se atopan algo hai uns restauradores que se encargan de limpalo e intentar darle o aspecto que tiña naquela época.
Ao rematar baixamos outra vez ata a explanada fronte ao cole de Mende e collimos un autobús urbano, ocupámolo todo enteiro e portámonos moi ben, so una señora maior que parece que tiña os oídos delicados…
En resume, foi una excursión moi divertida!
pola marxe do río Lonia
A primeira parada técnica.
Coñecendo a flora da ribeira.
chegamos con moita fame!
Atendendo ás explicacións...
...aprendimos como se quentaban as casas de San Tomé.
Aquí estamos esperando o transporte de volta,
e no autobús o alboroto...
...non podía coa paixón lectora!
e por fin de volta no cole.