Skip to Content

"QUEIXUME DOS PINOS" NO MESTRE VIDE

Un membro da Agrupación folclórica Queixumes dos Pinos desprazarase aos propios centros de ensino levando a cabo unha actividade didáctica relacionada cos instrumentos e a música tradicional galega. Está dividida en tres partes: en primeiro lugar, haberá unha explicación xeral sobre os instrumentos e a música tradicional galega e os asistentes terán a oportunidade de observar instrumentos como a gaita, o bombo, o tambor, o acordeón... Despois interpretaranse unha ou dúas pezas tradicionais acompañadas da pandeireta. Para finalizar, explicaranse os distintos ritmos da música tradicional galega e os nenos aprenderán un retrouso para cantalo posteriormente. Esta actividade terá lugar O MÉRCORES de 10:00 a 11:00 horas no Mestre Vide.



page | by Dr. Radut