Convenio de colaboración
Dunha parte, D. Xosé Dositeo Veiga Alonso, con DNI 34983274k actuando en nome e representación de D3N3 - Linguas, educación e ciencia (D3N3),con NIF: 34983274K e enderezo na rúa Jesús Soria, 27 - 4º C, 32002 de Ourense,
Doutra parte, D . Juan M. regal Lamelo actuando en nome e representación do centro escolar CEIP MESTRE VIDE(en adiante Centro Educativo) na súa calidade de DIRECTOR
EXPOÑEN QUE:
Dunha parte, D3N3 adoptou os acordos precisos co centro de educación superior Grand Valley State University (en adiante GVSU) de Michigan (Estados Unidos de América) e coas 15 universidades integradas no Consortium for Overseas Student Teaching (en adiante COST), para a participación de estudiantes e/ou traballadores desta institución en varios programas, a desenvolver en Galicia.
Estes programas son:
- Teacher Assisting, no que estudiantes de carreiras de ensino realizan estadías de mes e medio de duración, aproximadamente, en centros escolares
- COST, consorcio de 18 universidades estadounidenses que neste momento se coordina desde a GVSU no que estudiantes de grao realizan estadías cunha duración variable, que pode ir desde 1 mes a 2 meses en centros escolares.
Cada un dos programas ten as súas características particulares, se que presentan no anexo adxunto.
Tanto D3N3 como Centro Educativo recoñecen on interese destes programas para favorecer un ensino de calidade. Tanto na posibilidade que supón para os escolares na mellora das súas capacidades lingüísticas en inglés como no que implica de intercambio cultural.
Por todo iso, manifestan o seu interese en colaborar nestes dous programas suxeito as seguintes
CLÁUSULAS
1. D3N3 e o persoal por ela designado será a única interlocutora válida ante a GVSU e o COST para resolver asuntos administrativos e referentes a estes programas no que se refira á participación de Centro Educativo.
2. Centro Educativo indicará a D3N3, antes de cada curso escolar no prazo e forma que se acorden, que materiais do seu centro se imparten en lingua inglesa.
3. D3N3 designará aos estudantes que irán a cada centro educativo en función das prazas ofertadas polo centro escolar e o perfil académico dos estudantes da GVSU, ademais do número de estudantes que se envíen ao centro atendendo á capacidade de acollemento de Centro Educativo. O mesmo para o programa COST.
4. Ámbolos dous programas (Teacher Assisting da GVSU e COST) forman parte do ensino oficial superior do sistema educativo estadounidense. Os estudiantes participantes non terán en ningún caso vencello profesional nin laboral con Centro Educativo.
5. Os estudantes participantes están a desenvolver o equivalente a unhas prácticas preprofesionais e, por iso, nunca poden estar sós na aula cos alumnos/as do centro.
6. Os estudiantes participantes en ámbolos dous programas contan cos seus respectivos seguros médicos individuais. Calquera atención médica que precisen correrá pola súa conta.
7. Os estudantes reciben de D3N3 a información necesaria que facilite a súa integración tanto no sistema educativo galego como no tipo de vida da nosa cidade. Con todo, desde Centro Educativo realizarase o esforzo necesario para favorecer que os estudantes teñan unha boa experiencia multicultural e unha práctica educativa completa.
8. Por parte de Centro Educativo designarase unha persoa que actúe de interlocutora única con D3N3, que poida xestionar as dúbidas dos estudantes e que poida resolver os posibles problemas que vaian xurdindo. A interlocución realizarase de forma preferente por correo electrónico e/ou teléfono.
9. Esta colaboración entre D3N3 e Centro Educativo non terá ningún custe económico.
10. Centro Educativo recibirá a persoal designado por D3N3 nunha visita comercial durante a cal se lle ofrecerán diversos servizos educativos e extraescolares, sen ningún compromiso por parte de Centro Educativo.
11. D3N3 poderá ofertar ás familias dos escolares de Centro Educativo a posibilidade de acoller a algúns dos estudantes da GVSU no réxime que se determine. Esta oferta realizarase ao través da Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as de Centro Educativo ou mediante cartelería no centro ou mediante circular enviada aos escolares, segundo se determine en cada centro.
12. Os estudantes desenvolverán a súa estadía en Centro Educativo en horas e días lectivos, coas especificidades que se recollen no anexo según o programa.
13. No caso de que algún dos estudantes falte a algunha das clases que teña programada, desde Centro Educativo se comunicará inmediatamente a D3N3 esta circunstancia.
14. Independentemente da ideoloxía do centro escolar, os estudantes non terán obrigación de participar en ningunha materia e/ou actividade relixiosa ou confesional.
15. Nos centros nos que o seu persoal teña que asinar algún tipo de documento de confidencialidade ou similar, este deberá ser remitido a D3N3 para tramitar a sinatura do mesmo por parte do estudante asignado.
16. Centro Educativo poderá empregar na súa web institucional a imaxe corporativa do programa COST e/ou da Universidade GVSU durante a vixencia deste convenio.
ANEXOS
Teacher Assisting (GVSU)
1. Os días lectivos para estes estudiantes serán de luns a venres, cun total de 16-20 horas en función da dispoñibilidade de Centro Educativo (sen pasar nunca das 20 semanais). Algún día puntual non poderán acudir o venres ao Centro Educativo pola realización dalgunha viaxe integrada na súa estadía na cidade.
2. Algunhas das horas poderán ser adicadas á programación de actividades para as clases, sobre todo según avance o programa e os estudiantes vaian adquirindo unha maior capacitación.
3. O número de grupos diferentes nos que os estudiantes fagan as súas prácticas será o máis pequeno posible.
4. O número de mestres diferentes cos que deberán estar os estudantes será tamén o máis pequeno posible, sendo o ideal a cantidade de 2.
5. A GVSU desiganará un profesor/a titor/a que estará na cidade de Ourense atendendo a estes estudiantes. Este titor/a poderá comprobar in situ o desenvolvemento da práctica docente dos estudiantes, sempre en horario acordado con Centro Educativo.
COST
1. Terán que facer as mesmas horas lectivas que os mestres/profesores en función do nivel educativo no que estean destinados: Primaria ou Secundaria.
2. O seu horario lectivo pode ser de luns a venres.
3. Aprezarase certa flexibilidade na distribución horaria que facilite xestionar o número de grupos diferentes. Así, o estudiante pode ter 20 horas de clase presencial e 5 horas de de conversación extracurricular ou actividades extraescolares.
4. Tratarase de reducir ao máximo posible o número de grupos diferentes nos que estea o estudiante.
5. Centro Educativo deberá designar un/unha Cooperating Teacher que recabe información dos outros mestres/profesores que traballen cos estudantes COST.
6. A persoa responsable de Centro Educativo deberá escribir un informe (pola Rede) ao final da Práctica sobre a experiencia do/a estudante. Os estudantes levan materiales e instrucións da responsable do programa COST, Sherie Williams, que facilitará esta tarefa. O número de informes dependerá en todo caso da universidade da que proveña o estudante COST.