Skip to Content

Anteriores

Atención, atención!

ENCONTROS CO AUTOR .MANUEL RIVAS

CAMPAÑA SOLIDARIA EN FAVOR DOS REFUXIADOS DE SIRIA

ENTREGA  DA  ROUPA A RESPONSABLE DA CAMPAÑA DO SEMINARIO  IRIA VÁZQUEZ.

CO GALLO DO DÍA DA "PAZ ESCOLAR E NO VIOLENCIA" O CEIP MESTRE VIDE EN COLABORACIÓN CO SEMINARIO MENOR DE OURENSE  PARTICIPOU NUN PROXECTO SOLIDARIO DE RECOLLIDA DE ROUPA (LUVAS ,BUFANDAS, GORROS E MANTAS) PARA OS REFUXIADOS DE SIRIA.

GRAZAS A TODOS POLA SÚA COLABORACIÓN.

PLAN DIRECTOR SEGURIDADE ESCOLAR

             INTERVENCIÓN SOBRE RISCOS DE INTERNET POR PARTE  DA COMISARÍA DE POLICIA NACIONAL DE OURENSE.

DÍA DE LA PAZ 2017

POP ART ICONS

Ourense, 22 de decembro de 2016.- O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense estrea unha nova exposición de Pop Art, a cal enche todas as instalacións do centro desde o 22 de decembro ata o 19 de febreiro, con visitas guiadas diarias ás 18.30 horas. A presentación da mostra tivo lugar esta mañá, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a presidenta da Fundación Cum Laude, Ángeles Rodríguez Baliño; o directivo de MBA, Iñaki López Aranguren; e o director do Centro Cultural, Francisco González.

A mostra ocupa todas as dependencias do Centro Cultural e está organizada por seccións. Na Sala 1 baixo o nome "Icons" porque están todos os iconos tanto os artistas retratados como os autores das obras. E, un recuncho da sala, está dedicado a Marilyn Monroe. A sala interior recrea unha instalación que Andy Warhol fixo en 1966 na galería Leo Castelli de Nova Iork xunto con Billy Kluver, na que fixeron unha "Silver Room" e que está recreada no Centro Cultural para renderlles homenaxe. A Sala 2 está dedicada a Hollywood, ao diñeiro e aos debuxos animados, e un recuncho dedicado a Frida Kahlo", explicou a presidenta da Fundación Cum Laude.

Puertas abiertas .rocódromo

017-01-22 12:37 GMT+01:00 Asociación Escaladores Ourensans <asesou@gmail.com>:

Muchas gracias por la difusión de la actividad, que para nosotros ha sido un éxito, principalmente porque los niños disfrutaron mucho y se lo pasaron genial.
Finalmente tuvimos que cerrar inscripciones porque no queríamos que hubiera exceso de aforo.
Os adjuntamos un enlace de fotos de la actividad y esperamos que el rocódromo para el centro sea una realidad y poder seguir trabajando para la difusión de un deporte tan bonito y con tantos beneficios para la escalada.
 
Un saludo
 
Miguel Feijoo
Un saludo, la Directiva.
https://www.facebook.com/asesou/?fref=ts

"QUEIXUME DOS PINOS" NO MESTRE VIDE

Un membro da Agrupación folclórica Queixumes dos Pinos desprazarase aos propios centros de ensino levando a cabo unha actividade didáctica relacionada cos instrumentos e a música tradicional galega. Está dividida en tres partes: en primeiro lugar, haberá unha explicación xeral sobre os instrumentos e a música tradicional galega e os asistentes terán a oportunidade de observar instrumentos como a gaita, o bombo, o tambor, o acordeón... Despois interpretaranse unha ou dúas pezas tradicionais acompañadas da pandeireta. Para finalizar, explicaranse os distintos ritmos da música tradicional galega e os nenos aprenderán un retrouso para cantalo posteriormente. Esta actividade terá lugar O MÉRCORES de 10:00 a 11:00 horas no Mestre Vide.

CONVENIO DE COLABORACIÓN

Convenio de colaboración

Dunha parte, D. Xosé Dositeo Veiga Alonso, con DNI 34983274k actuando en nome e representación de D3N3 - Linguas, educación e ciencia (D3N3),con NIF: 34983274K e enderezo na rúa Jesús Soria, 27 - 4º C, 32002 de Ourense,

 

Doutra parte, D . Juan M. regal Lamelo actuando en nome e representación do centro escolar CEIP MESTRE VIDE(en adiante Centro Educativo) na súa calidade de DIRECTOR

 

EXPOÑEN QUE:

Dunha parte, D3N3 adoptou os acordos precisos co centro de educación superior Grand Valley State University (en adiante GVSU) de Michigan (Estados Unidos de América) e coas 15 universidades integradas no Consortium for Overseas Student Teaching (en adiante COST), para a participación de estudiantes e/ou traballadores desta institución en varios programas, a desenvolver en Galicia.

Estes programas son:

-       Teacher Assisting, no que estudiantes de carreiras de ensino realizan estadías de mes e medio de duración, aproximadamente, en centros escolares

-       COST, consorcio de 18 universidades estadounidenses que neste momento se coordina desde a GVSU no que estudiantes de grao realizan estadías cunha duración variable, que pode ir desde 1 mes a 2 meses en centros escolares.

Cada un dos programas ten as súas características particulares, se que presentan no anexo adxunto.

Tanto D3N3 como Centro Educativo recoñecen on interese destes programas para favorecer un ensino de calidade. Tanto na posibilidade que supón para os escolares na mellora das súas capacidades lingüísticas en inglés como no que implica de intercambio cultural.

Por todo iso, manifestan o seu interese en colaborar nestes dous programas suxeito as seguintes

CLÁUSULAS

1.    D3N3 e o persoal por ela designado será a única interlocutora válida ante a GVSU e o COST para resolver asuntos administrativos e referentes a estes programas no que se refira á participación de Centro Educativo.

2.    Centro Educativo indicará a D3N3, antes de cada curso escolar no prazo e forma que se acorden, que materiais do seu centro se imparten en lingua inglesa.

3.    D3N3 designará aos estudantes que irán a cada centro educativo en función das prazas ofertadas polo centro escolar e o perfil académico dos estudantes da GVSU, ademais do número de estudantes que se envíen ao centro atendendo á capacidade de acollemento de Centro Educativo. O mesmo para o programa COST.

4.    Ámbolos dous programas (Teacher Assisting da GVSU e COST) forman parte do ensino oficial superior do sistema educativo estadounidense. Os estudiantes participantes non terán en ningún caso vencello profesional nin laboral con Centro Educativo.

5.    Os estudantes participantes están a desenvolver o equivalente a unhas prácticas preprofesionais e, por iso, nunca poden estar sós na aula cos alumnos/as do centro.

6.    Os estudiantes participantes en ámbolos dous programas contan cos seus respectivos seguros médicos individuais. Calquera atención médica que precisen correrá pola súa conta.

7.    Os estudantes reciben de D3N3 a información necesaria que facilite a súa integración tanto no sistema educativo galego como no tipo de vida da nosa cidade. Con todo, desde Centro Educativo realizarase o esforzo necesario para favorecer que os estudantes teñan unha boa experiencia multicultural e unha práctica educativa completa.

8.    Por parte de Centro Educativo designarase unha persoa que actúe de interlocutora única con D3N3, que poida xestionar as dúbidas dos estudantes e que poida resolver os posibles problemas que vaian xurdindo. A interlocución realizarase de forma preferente por correo electrónico e/ou teléfono.

9.    Esta colaboración entre D3N3 e Centro Educativo non terá ningún custe económico.

10.  Centro Educativo recibirá a persoal designado por D3N3 nunha visita comercial durante a cal se lle ofrecerán diversos servizos educativos e extraescolares, sen ningún compromiso por parte de Centro Educativo.

11.  D3N3 poderá ofertar ás familias dos escolares de Centro Educativo a posibilidade de acoller a algúns dos estudantes da GVSU no réxime que se determine. Esta oferta realizarase ao través da Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as de Centro Educativo ou mediante cartelería no centro ou mediante circular enviada aos escolares, segundo se determine en cada centro.

12.  Os estudantes desenvolverán a súa estadía en Centro Educativo en horas e días lectivos, coas especificidades que se recollen no anexo según o programa.

13.  No caso de que algún dos estudantes falte a algunha das clases que teña programada, desde Centro Educativo se comunicará inmediatamente a D3N3 esta circunstancia.

14.  Independentemente da ideoloxía do centro escolar, os estudantes non terán obrigación de participar en ningunha materia e/ou actividade relixiosa ou confesional.

15.  Nos centros nos que o seu persoal teña que asinar algún tipo de documento de confidencialidade ou similar, este deberá ser remitido a D3N3 para tramitar a sinatura do mesmo por parte do estudante asignado.

16.  Centro Educativo poderá empregar na súa web institucional a imaxe corporativa do programa COST e/ou da Universidade GVSU durante a vixencia deste convenio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANEXOS

 

Teacher Assisting (GVSU)

1. Os días lectivos para estes estudiantes serán de luns a venres, cun total de 16-20 horas en función da dispoñibilidade de Centro Educativo (sen pasar nunca das 20 semanais). Algún día puntual non poderán acudir o venres ao Centro Educativo pola realización dalgunha viaxe integrada na súa estadía na cidade.

2. Algunhas das horas poderán ser adicadas á programación de actividades para as clases, sobre todo según avance o programa e os estudiantes vaian adquirindo unha maior capacitación.

3. O número de grupos diferentes nos que os estudiantes fagan as súas prácticas será o máis pequeno posible.

4. O número de mestres diferentes cos que deberán estar os estudantes será tamén o máis pequeno posible, sendo o ideal a cantidade de 2.

5. A GVSU desiganará un profesor/a titor/a que estará na cidade de Ourense atendendo a estes estudiantes. Este titor/a poderá comprobar in situ o desenvolvemento da práctica docente dos estudiantes, sempre en horario acordado con Centro Educativo.

 

COST

1. Terán que facer as mesmas horas lectivas que os mestres/profesores en función do nivel educativo no que estean destinados: Primaria ou Secundaria.

2. O seu horario lectivo pode ser de luns a venres.

3. Aprezarase certa flexibilidade na distribución horaria que facilite xestionar o número de grupos diferentes. Así, o estudiante pode ter 20 horas de clase presencial e 5 horas de de conversación extracurricular ou actividades extraescolares.

4. Tratarase de reducir ao máximo posible o número de grupos diferentes nos que estea o estudiante.

5. Centro Educativo deberá designar un/unha Cooperating Teacher que recabe información dos outros mestres/profesores que traballen cos estudantes COST.

6. A persoa responsable de Centro Educativo deberá escribir un informe (pola Rede) ao final da Práctica sobre a experiencia do/a estudante. Os estudantes levan materiales e instrucións da responsable do programa COST, Sherie Williams, que facilitará esta tarefa. O número de informes dependerá en todo caso da universidade da que proveña o estudante COST.

 

 

MANIFESTO E PLENO NO CONCELLO DE OURENSE:DEREITOS DOS NENOS

Os cativos de Ourense expoñen os dereitos dos nenos para conmemorar o Día Mundial da Infancia Os escolares ocuparon os escanos dos políticos para expoñer as súas peticións para mellorar as condicións de vida dos nenos en todo o mundo . Con motivo do Día Mundial da Infancia que se celebra este domingo, día 20, 50 cativos de Ourense protagonizaron un pleno sobre a Convención dos Dereitos do Neno. Os escolares ocuparon os escanos dos políticos para expoñer as súas peticións para mellorar as condicións de vida dos nenos en todo o mundo. "Todos os nenos teñen dereito a vivir en paz, a non ser reclutados como soldados e recibir protección oficial no caso de ser refuxiados ou vítimas dun desastre natural". "Hai que denunciar a explotación, é dicir, favorecer a integración e amosar solidaridade coas persoas con discapacidades". "Tamén teñen dereito a seren protexidos contra a realización dun traballo que os poña en perigo". Estes son algúns dos dereitos que todos os nenos posúen e para que se cumpran 50 alumnos do colexio Mestre Vide tomaron hoxe os escanos do Concello de Ourense. Reflexionan sobre o dereito á educación, a unha vida en familia, a estar protexidos da violencia, da explotación e sobre o deireito a seren escoitados . En colaboración con Unicef os cativos remataron a actividade cunha solta de globos e lembrar así que o vindeiro domingo é o Día Mundial da Infancia.

Distribuir contido


by Dr. Radut