ADMISIÓN 2019/2020
Xornada de portas abertas. Admisión alumnado Curso 2019-2020
Os país e nais que desexen vistar as nosas instalacións e informarse sobre a metodoloxía e funcionamento do noso Colexio, poden visitar o Centro de Ed. Infantil e Ed. Primaria Mestre Vide os martes de febreiro de 16:00 a 18:00 horas.
Normativa de aplicación
-
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Prazas vacantes ofertadas no proceso de admisión
Cursos
|
Unidades
|
Postos escolares
|
Vacantes ofertadas
|
NEEAE
|
1º E.I.
|
2x25
|
50
|
50
|
6 *
|
2ºE.I.
|
2 x25
|
50
|
00
|
|
3º E.I.
|
2 x 25
|
50
|
00
|
|
1º PRIM.
|
2 x 25
|
50
|
02 *
|
*
|
2º PRIM.
|
2X25
|
50
|
00
|
|
3.PRIM.
|
2x25
|
50
|
00
|
|
4º PRIM.
|
2 x25
|
50
|
-01
|
|
5º PRIM.
|
2 x 25
|
50
|
00
|
|
6º PRIM
|
2 x 25
|
50
|
-02
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NEEAE* (Do total de vacantes, número de prazas reservadas para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo) (3 por unidade) A.3.2
Prazos
Do 1 ao 20 de marzo de 2019, ambos incluídos.
Documentación
Documentación que se debe presentar na secretría do ceip Mestre Vide para formalizar a solicitude de admisión:
1- Fotocopia do DNI (de non posuír DNI, presentar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).
2- Anexo II. .
3. CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, DE DARSE O CASO.
Calendario
Do 25 de marzo ao 5 de abril de 2019, ambos inclusive (sempre que a demanda supere a oferta de prazas):
As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión.
24 DE ABRIL DE 2019
Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta paxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación, nas que constará a puntuación asignada a cada alumno/a en cada un dos criterios, así como a puntuación total.
A resolución provisional poderá ser recorrida perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional.
PRAZO DE RECLAMACIÓN: 25 DE ABRIL AO 02 DE MAIO.
14 DE MAIO DE 2019
Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta paxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación, nas que constará a puntuación asignada a cada alumno/a en cada un dos criterios, así como a puntuación total.
Contra a resolución definitiva poderase interpoñer recurso de alzada ante a Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Para ter en conta:
Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que presente solicitude de admisión no ceip Mestre Vide, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.
O alumnado que presente solicitude de admisión no ceip Mestre Vide e tivera feita reserva de praza no centro no que actualmente cursa estudos ou para o centro adscrito que lle poidera corresponder, deberá renunciar a dita reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
ÁREAS DE INFLUENCIA DOS CENTROS PÚBLICOS DA CIDADE DE OURENSE.
CEIP MESTRE VIDE
Curros Enríquez, incluíndo interior praza Eduardo Barreiros. Rúa do Paseo ata rúa Concordia, rúa Concordia ata rúa do Paseo, rúa Santo Domingo dende rúa Concordia ata rúa Bedoia, rúa Bedoia, Praza de Valle Inclán, rúa Emilia Pardo Bazán dende rúa Bedoia, rúa Xoán de Nóvoa, avenida de Buenos Aires ata rúa Bernardo de Cachamuíña, rúa Bernardo de Cachamuíña, Camiño da Moreira, números pares da avenida Ramón Otero Pedrayo ata o número 8 incluído (camiño da Moreira), rúa das Lagoas. Todas as rúas interiores dentro deste límite.
Areas limítrofes: as áreas de influencia de CEIP Curros Enríquez, CEIP Manuel Sueiro e CEIP As Mercedes.
Servizos complementarios ofertados
Servizo de comedor xestionado pola Consellería de Educación. Empresa: cátering SALA GRADIN S.L. CIF:B36114122Nº Prazas:190
ATENCIÓN TEMPERÁ.
HORARIO: DE 7:30 A 9:00 HORAS.
CÁTERING : ANTONIO GALLEGO.