O XINETE DAS ÁRBORES / 3º EP Data 16/04/2018 DESCRICIÓN: Un home-árbore, un ser humano “boscoso”, un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que este verán asolaron terras da montaña de Ourense, chega a Ourense para que as nenas e nenos lle axuden a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras, para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar. Con gaitas e peitoques de teixo, con frautas de pereira, pandeiretas de castiñeiro, e co burro Caramulo de madeira de bidueiro, as nenas e os nenos alimentados coa música das árbores viaxaran, dun xeito imaxinario, polos bosque do parque forestai de Oira. Con contos, cantigas, xogos, e moita risa remataremos “plantándonos” todas e todos con forma de árbores a favor dos nosos bosques, transformándonos en nenas e nenos xinetes das árbores, esperanza dos bosques. Obxectivos: Que as nenas e nenos coñezan o nome das árbores e a sua importancia, a través de contos, lendas, poesías, música e imaxes para sentilas como as suas “irmauciñas” (según contaba o escritor ourensano Otero Pedrayo) emparentadoas coas árbores da sua cidade.
Protagonista: O Carballo con Botas ( carballo que naceu dentro dunha bota vella despois dun incendio forestal - homenaxe a fábrica de zapatos Calzados Mosquera de Ourense dos avós do contacontos-) Tío Teixo, Graciano Zoqueiro trasniño e gaiteiro, Caramulo (o Xinete das árbores), Coureliña, o lobo “Lor”, Vicentiño o paxaro do rio Miño… .
Actividades: 1.- Presentación “Eu son unha árbore” (5 minutos) 2.- Desenvolvemento da actividade