Skip to Content

Equipo Dinamización Lingua Galega

Contén entradas do departamento de Dinamización da Lingua Galega

Equipo Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Benvidos/as á área de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Mestre Vide. Neste recuncho poderedes atopar todo tipo de información en relación ás actividades que se realicen no centro. 

Vídeo das Letras Galegas

Non vos podedes perder os actos que se celebraron no noso centro para a celebración do día das Letras Galegas. O noso alumnado participou de xeito variado: lendo, cantando, bailando e actuando! todo arredor das obras de Carlos Casares Mouriño, autor orixinario de Xinzo de Limia, ao cal este ano se lle dedicou este día tan sinalado. Esperamos que o desfrutedes.

 

Mural Día das Letras Galegas

O noso centro crea un mural na honra das autoras e autores do Día das Letras Galegas

Mural Día das letras Galegas

Carlos Casares

Este ano adícase a Carlos Casares, deixamos un anaco dunha ben coñecida obra súa

A Galiña Azul

ENCONTROS CO AUTO.

 

  Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos diarios "La Voz de Galicia" e "De Luns a Venres". En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, "De remate", e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con "Quen dá a quenda?" (Xerais, 2016). Nese mesmo ano a súa obra "A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)" (Xerais, 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña, e en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con "Once portas" (Xerais, 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con "Denébola a Roxa".É o autor da tradución ao galego da novela "O gardián invisible", de Dolores Redondo. Ademais, participou na redacción do "Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato" (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía do mundo do mar, recursos ludolingüísticos na prensa ou análise da linguaxe xornalística. Desde 2011 dedícase á corrección de orixinais para diferentes selos editoriais galegos. Foto

O meu libro favorito


Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos compartir con todos vós os libros favoritos do noso alumnado. Como unha imaxe vale máis ca mil palabras aquí tedes unha foto de todas as portadas que realizaron das súas obras favoritas. Facede clic na imaxe para velas todas máis polo miúdo.

O meu libro favorito

Esperamos que sexa do voso interese.


 

 

REFRANEIRO. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

 

Encontros co Autor: Fran Alonso

Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

 

Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publica Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

 

Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo Balada solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

 

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o período de vixencia das mesmas.

Está casado con Concha Costas, ex-presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 FRAN ALONSO NO MESTRE VIDE

Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego. Fran Alonso (AELG)-1.jpg

Traxectoria

Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publica Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo Balada solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o período de vixencia das mesmas.

Está casado con Concha Costas, ex-presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego.

http://youtu.be/UD9eR4grWI0

VIDEO LETRAS GALEGAS 2014 http://youtu.be/8EQjQgiUCc0 VIDEO LETRAS GALEGAS 2013

EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA .XOSÉ MARÍA DÍAZ

Distribuir contido


by Dr. Radut