Skip to Content

Idioma extranxeiro

SINGING FOR THE CLIMATE!

Aí estivemos!

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria fomos á Praza Maior a cantar polo clima cos compañeiros do Couto, Curros Enríquez, As Mercedes, Irmáns Villar e Vistahermosa!

“¡Queridos adultos usade o voso poder!”

Nos xa estamos concienciados de que temos que cambiar de actitude para manter o noso planeta, agora xa só falta concienciar aos maiores que teñen o poder para que o usen a favor do planeta e non en contra!

Si queres botarlle un vistazo á noticia no periódico pincha aquí.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Faino xa!

Faino xa!

1.-          Hai que espertar!

Espabilar!

Abrir os ollos pero hai que facelo xa, xa, xa!

Hai que crear, crear futuro e hai que poñerse xa.

 

2.-          Este planeta ten un problema

Hai que curalo

Involucrarse pero xa, xa, xa!

Hai que crear, crear futuro e hai que poñerse xa.

 

3.-          Coida da Terra,

limpa o planeta

Fai que dure que perdure pero xa, xa, xa!

Hai que crear, crear futuro e hai que poñerse xa.

 

4.-          Xa non hai dubida

Xa non hai tempo

Non mais mentiras, espabila pero xa, xa, xa!

Hai que deixar de ser pasota, é momento de actuar.

 

Repetir 3 e 4.

Ao final de 4 bis último verso

Do It Now - Faino agora

Do it Now!


               

We need to wake up
We need to wise up
We need to open our eyes
And do it now now now
We need to build a better future
And we need to start right now

We’re on a planet
That has a problem
We’ve got to solve it, get involved
And do it now now now
We need to build a better future
And we need to start right now

Make it greener
Make it cleaner
Make it last, make it fast
and do it now now now
We need to build a better future
And we need to start right now

No point in waiting
Or hesitating
We must get wise, take no more lies
And do it now now now
We need to build a better future
And we need to start right now

SING FOR THE CLIMATE - CANTA POLO CLIMA

Os nenos e nenas de 5º e 6º imos o xoves 11 de abril a cantar Do It Now á Praza Maior para pedirlles aos adultos en xeral e aos políticos en particular que empecen a tomar medidas eficaces para deter o cambio climático. 

 

En 2012, en Bélxica, mais de 380000 persoas cantaron “Do it Now” (faino xa), a canción chegou ata a conferencia das Nación Unidas sobre o clima que se celebraba en Doha.

 

O 20 de agosto de 2018, Greta Thunberg decidiu facer una “folga escolar polo clima” sentándose cerca do parlamento sueco para que o goberno do seu pais reducira as emisións de carbono en base ao Acordo de París.

En decembro de 2018, realizou un discurso ante o Cume do Clima das Nacións Unidas.

En xaneiro de 2019 participou no Foro Económico Mundial en Davos.

O venres 15 de marzo de 2019 tivo lugar unha oleada de folgas e manifestacións estudiantiles por todo o mundo para pedir medidas que deteñan o cambio climático, seguindo a convocatoria mundial do Friday For Future promovido por Greta Thunberg.

Nos queremos aportar o noso grao de area neste momento tan importante para o planeta e o xoves 11 de abril imos ir á Praza Maior e imos cantar en inglés e galego a canción “Do It Now” “Faino xa” xunto con outros 5 colexios da cidade.

 

“Necesitamos esperanza, pero máis que a esperanza o que necesitamos é a acción. En lugar de buscar esperanza debemos buscar acción. E só entón virá a esperanza”.

 

Greta Thunberg.

 

Tarzan en ingles

Esta vez tocoulle o turno ás clases de 6º, o mércores 30 de xaneiro fomos ao auditorio a ver a obra "Tarzan" en ingles.

Con Juan e Miguel.

 

Con Juan e Javier.

Teatro en inglés no auditorio

 went to the theatre!

O luns 19 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º foron ao auditorio a ver a obra en ingles “Hansel and Gretel”

A actividade, organizada polo concello, foi representada polo grupo Theatre 4 schools.

 

 

 

Contidos extra e xogos na web!

 

 Pasos para entrar na páxina web de Oxford e acceder aos xogos e   contidos extra:

 

(O rexistro debe facelo un adulto)

 

    Teclea oxfordplus no teu buscador de internet ou vai á páxina   http://www.oxfordplus.es

    Fai click en “Regístrate” 

                                            

    Pedirache un enderezo de correo electrónico e un contrasinal. O

    enderezo non ten que ser real, pode ser inventado. Debes apuntar 

    tanto o enderezo como o contrasnal, valos necesitar cada vez que

    inicies sesión.

     Fai click no botón  “¿Tienes un código de activación?”

             

            

 

     Teclea:   OUP0AGYQZH6NK    e fai click en “activar”

             

É necesario descargar ADOBE FLASH.

 

Entre os navegadores mais comúns, o navegador Chrome pode dar erros algunas veces. Cos navegadores Firefox ou Microsoft Edge non hai problemas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut