Matrícula do curso 2014/15

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo. Entregarase na secretaría do centro que se pide en primeiro lugar. Para aclarar calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro.

Enlaces de interese:

 

 

 

 

NOTA INFORMATIVA


1.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro

no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.


2.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.


3.- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Reserva de praza para o curso 2014/2015

 


Lexislación:

•D. 254/2012 do 13/12/2012 (DOG do 26/12/12)
•Orde do 12/03/2013 (DOG do 15/03/2013)


Faise constar que o noso centro está adscrito ao IES de Valadares


   A solicitude de RESERVA DE PRAZA presentarase no centro do 1 ao 20 de marzo (incluídos).

 

Para facer esta reserva é preciso cubrir un impreso (modelo oficial do DOG 15/03/2013) que se facilita no propio centro e que pode ser solicitado por teléfono ou obtido do DOG na páxina da Xunta. Xunto con este impreso entregarase (deben ser documentos orixinais ou copias cotexadas. Neste caso farémolo no propio centro):
 

  • Fotocopia do libro de familia onde apareza o neno ou nena, ou do D.N.I.
  • -Certificado de empadroamento no que consten todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio.
  • -Alumnado xa matriculado noutro centro no curso actual nun nivel de Primaria: Certificado de matrícula do centro actual (Deberán remitir ao centro de orixe copia da nova solicitude de admisión art. 9.3 e 13.2.d) 2º da O. do 12/03/2013)
  • -En caso de separación ou divorcio, documento acreditativo e sinatura conxunta na solicitude (art. 14.4 da O. do 12/03/2013)
  • -Se se opta pola baremación da proximidade do colexio ao lugar de traballo, facelo constar na solicitude, tendo en conta que afectará a todos os centros relacionados na propia solicitude  (art. 22.1 da O. do 12/03/2013)


DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN (Orixinais ou copias cotexadas)
•    Ter irmáns no centro: Fotocopia completa do libro ou libros de familia (art.20.4 da O. do 12/03/2013)
•    Proximidade do colexio ao lugar de traballo (Ver art. 22.6 da O. do 12/03/2013)
•    Renda anual per cápita da unidade familiar (Ver art. 23 da O. do 12/03/2013)
•    Condición de familia monoparental: fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador (art. 25.2 da O. do 12/03/2013)
•    Criterio complementario do centro: (art. 28 da O. do 12/03/2013)
•    -Outros criterios ou casos (os relacionados na O. do 12/03/2013)

NO NOSO CENTRO PÓDESE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN:
DE 9:00 A 14:00 POLA MAÑÁ DE 16:00 A 18:00 POLA TARDE

 
Débese presentar unha soa solicitude pois de existir duplicidade a tramitación pasará a depender da Comisión de Escolarización ao final de todo o proceso.
A solicitude entregarase no 1º centro que se elixe e nela débense relacionar por orde de preferencia outros centros que se desexen para o caso de non obter praza nese primeiro.
 De non ter o centro prazas suficientes para todas as solicitudes será preciso facer unha baremación. Neste caso presentarase a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados, dende o 24 de marzo ao 4 de abril.

 

Antes do 25 de abril estarán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina do centro as relacións de listaxes provisionais admitidas e denegadas. Contra ela pódese presentar reclamación no prazo de  cinco días hábiles, ante o Consello Escolar.
•    Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión, tanto no taboleiro de anuncios do centro como na páxina web do mesmo.
•    A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario.
O alumnado que non proceda da área de influencia do centro NON TERÁ DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR (O. do 12/03/2013, art. 6.1)

 
A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO, a nº 8, comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguindo a Avda de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluíndo a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de As Carneiras-Matamá.

ACLARACIÓNS SOBRE ZONA EDUCATIVA 8
Rúa Portoloureiro: É da nosa zona dos nº 1 ao 37 e do 2 ao 50. O resto é de Beade.
Rúa Fontesanta: É da nosa zona do 42 ao 64. Do resto, unha parte é de Sárdoma (39 1º final e 66 ata o final) e a outra de Freixeiro.
Rúa Francisco de Sales (paisaxista): É da nosa zona do 2 ao 34 e os impares todos.
Rúa Francisco Rey Rivero (músico): É da nosa zona do 1 ao 33 e todos os pares.
Rúa Baixada á Laxe: É da nosa zona dos nº 1 ao 9, 29 a 35, 2 ao 48 (sempre se inclúen os citados). Os restantes son de Freixeiro.
Baixada á Pontenova: É da nosa zona do 85 ao final e do 90 ao final).
Rúa Finca dos Aires: Son nosos os números 2 e 4.
     Tfnos de consulta: Concello: Estatística (padrón municipal) tfno 010; rueiro: 986 810 132.

AS ÁREAS LIMÍTROFES son a 7, a 9, a 12 e a 13.
O Proxecto Educativo do centro está ao dispor das persoas interesadas na Secretaría do centro (art.3 do D. 254/2012 e art. 13.1 da O. do 12/03/2013).
 
Castrelos – Vigo, febreiro de 2014