Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVO ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado de nova incorporación que solicitou praza no noso centro para o curso 2021/2022 está admitido.

 

 

Segundo o recollido nas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado para o curso académico 2020-2021 no apartado 7. a) e b), a consulta por parte das familias das listaxes provisionais e definitivas só se poderá realizar de forma:

 

  • PRESENCIAL no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar, ou
  • NON PRESENCIAL única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

 

 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

 

MENÚ COMEDOR- MAIO 2021

 

Xa pode consultar o menú de MAIO:

 

ALMORZOS

XANTAR

 

3º Concurso de Fotografías pola Igualdade.

3º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE.

 

 

CONVOCATORIA E PARTICIPACIÓN

 

1.     A Federación Galega de ANPAs Compostela convoca o III Concurso de Fotografía co obxectivo de que o alumnado ou as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato plasmen nunha fotografía como ven a igualdade  en calquera ámbito da vida e promover a reflexión.

2.     As imaxes irán acompañadas dun título e un pequeno texto explicativo do que representa.

3.     Cada participante presentará un máximo DUNHA fotografía.

4.     As fotografías deben ser orixinais e inéditas e non poden ter sido premiadas en concursos anteriores nin publicadas en ningún tipo de soporte.

5.     A Federación Galega de ANPAs Compostela resérvase o dereito a eliminar do concurso aquelas fotografías que induzan, inclúan ou teñan relación directa ou indirecta con calquera tipo de violencia ou que fagan publicidade de calquera tipo de marca ou negocio.

6.     A falta de veracidade, a incorrección nos datos proporcionados polas persoas participantes, a falta de autoría ou orixinalidade, a xuízo do xurado, permitirán a Federación Galega de ANPAS Compostela a súa exclusión do concurso.

7.     As fotografías pasarán a ser propiedade da Federación Galega de ANPAs Compostela, que adquirirá o dereito pleno á súa utilización.

 

MÁIS INFO AQUÍ

 

FURGONETA SOLIDARIA A GUINEA BISSAU

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022

 

Xa están publicadas as listaxes de alumnado admitido para o curso 2021-2022 na aplicación admisionalumnado e no taboleiro interior do centro.

Como non se pode acceder ao centro, podemos aclarar que todas as solicitudes de admisión recibidas foron admitidas. Polo que todo o alumnado solicitante ten praza neste centro.

MENÚ COMEDOR- ABRIL 2021

 

Xa pode consultar o menú de ABRIL:

 

ALMORZOS

XANTAR

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 21-22

 

O PRÓXIMO 1 DE MARZO ATA O 22 DE MARZO, ábrese o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2022-23 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

 

A reserva de praza farase telemáticamente na ferramenta admisión alumnado da Consellería de Educación.  Tamén se pode facer propio centro entregando o impreso de solicitude ou Anexo II e o resto de documentación que se cita no seguinte horario:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

De 09:30 a 10:30

De 09:30 a 10:30

De 09:30 A 13

De 12:30 a 13:30

De 12:30 a 13:30

 

Fóra de este horario as solicitudes non poderán ser rexistradas.

Gracias pola colaboración. 

INFORMACIÓN RELEVANTE PARA A ADMISIÓN NESTE CENTRO

VACANTES NO NOSO CENTRO

Instruccións Admisión do alumnado (para familias)

Ligazón para cumprimentar na aplicación (online).

Anexo II: Formulario de admisión

Distribuir contido


by Dr. Radut