Skip to Content

INICIO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES

 

 

INFORMACIÓN XERAL PARA AS FAMILIAS INSCRITAS NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

PREMA AQUÍ

 

 

 

LISTAXE MATERIAL PARA CURSO 2021-2022

 

AQUÍ pode consultar o material para o curso 2021/2022:

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria 

4º Primaria 

5º Primaria

6º Primaria

Educación Infantil

 

 

 

REUNIÓNS INFORMATIVAS COMEZO DE CURSO

REUNIÓNS INFORMATIVAS PRINCIPIO DE CURSO

TITORÍAS E ORGANIZACIÓN DO CURSO

 

En base Resolución do 1 de setembro de 2021,das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba o “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, elaboramos o Plan de acollida do noso centro para o curso 2021/202

 

Para realizar unha correcta explicación sobre a organización do curso e o traballo en titorías, realizaranse antes do comezo de curso reunións por nivel coas familias.

Estas reunións terán lugar nas aulas baixo as seguintes normas de seguridade:

-  Un único asistente por alumno/a.

-  Separación entre cadeiras dun mínimo de 1,5m

-  Obrigatorio o uso de máscara entre os/as asistentes.

- Asistir sen crianzas (protocolo Covid).

As datas e horas para cada nivel educativo quedan reflectidas na seguinte táboa:

 

Nivel

Data

Hora

Infantil A

7 de setembro

09:30h

Infantil B

7 de setembro

11:30h

 Infantil C

7 de setembro

10:30h

1ºde primaria

7 de setembro

09:30h

2ºde primaria

7 de setembro

10:30h

3ºde primaria

7 de setembro

11:30h

4ºde primaria

7 de setembro

11:30h

5ºde primaria

7 de setembro

10:30h

6ºde primaria

7 de setembro

09:30h

*Por favor, a asistencia a está reunión é moi importante para o correcto funcionamento do noso plan e a organización nos primeiros días. Pero se non podedes acudir coma nais/pais/titores, podedes mandar a alguén que vos poida informar, ou ben pedir titoría coas mestras para que vos informen noutro momento. Tentaremos que todas as familias, dun xeito ou de outro, quededes informadas e poidades afrontar este novo curso sen dúbidas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AVISO SOBRE O ANO ACADÉMICO EN CURSO EN ABALAR

AVISO SOBRE O ANO ACADÉMICO EN CURSO EN ABALAR

 

Cómpre saber que ABALAR traballa sobre o ano académico fixado en XADE e que de momento está establecido no curso 20/21.

Ata o 9 de setembro ese valor non será avanzado ao novo curso escolar (21/22). Iso quere dicir que as mensaxes, os avisos, as incidencias na aula, etc. publicados ata esa data estarán referidos a grupos e alumnos do curso que está rematando e non chegarán a grupos/alumnos con matrículas no novo ano académico. Por este motivo recoméndase a publicación das cualificacións da avaliación de setembro antes do día 9, a partir desta data esa información non será visible para os alumnos ou responsables. Este cambio de ano académico afecta tanto ao alumnado de infantil e primaria, como ao de secundaria aínda que o comezo de curso sexa distinto para estes ensinos.

LICITADO O PROXECTO DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DO NOSO CENTRO

XA É OFICIAL! 

A Xunta licita a Rehabilitación integral do Colexio Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago

Queridas familias, xa é oficial! O venres visitounos o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o Alcalde De Santiago, Xosé M Sánchez Bugallo, e o Concelleiro de Educación, Rubén Prol para ver in situ o Proxecto de Rehabilitación Integral do noso centro

 

Se queredes saber máis, premede no enlace!

www.edu.xunta.gal/portal/node/34913

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDO LIBROS 21/22

FONDO LIBROS 21/22

Xa esta dispoñible no taboleiro do centro a listaxe definitiva da adxudicación do Fondo Libros 2021/2022.

Chamaremos por teléfono aos beneficiarios.

 

Pódese consultar no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

LEMBRADE

  1. Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.
  2. O alumnado de 1º e 2º non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto)
  3. O alumnado de 3º e 4º opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao cheque de material.
  4. O alumnado de 5º e 6º non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.

As persoas que presentastes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.

 

 

 

DISPOÑIBLES NO CENTRO OS VALES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

VALES DE ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR 21/22

Xa estan dispoñibles no centro os vales de adquisición de material escolar 2021-2022 do alumnado beneficiario.

Pódese recoller en horario de 10:00 a 13:00 horas

RESOLUCIÓN PROVISIONAL FONDO LIBROS 21/22

FONDO LIBROS 21/22

Xa esta dispoñible no taboleiro do centro a listaxe provisional da adxudicación do Fondo Libros 2021/2022.

Chamaremos por teléfono aos beneficiarios.

 

Pódese consultar no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

LEMBRADE

  1. Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.
  2. O alumnado de 1º e 2º non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto)
  3. O alumnado de 3º e 4º opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao cheque de material.
  4. O alumnado de 5º e 6º non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.

As persoas que presentastes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.

 

Contra a presente LISTA PROVISIONAL hai 48h de prazo de reclamación. O mércores día 14 publicarase a LISTA DEFINITIVA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut