Skip to Content

MENÚ COMEDOR- OUTUBRO 2021

Xa pode consultar o menú de OUTUBRO

ALMORZOS

XANTAR

CATÁLOGO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Estimadas familias,

Xa temos a ficha de inscrición co catálogo de actividades extraescolares a vosa disposición.

Pode descargarse aquí.

 

Irá o próximo mércores en papel físico nas mochilas, para quen prefira entregalo en papel na escola. As que o fagades en dixital, enviade cuberto e firmado (físico ou dixital) o noso correo electrónico,  anpalandras.lavacolla@gmail.com

 

Rogamos nolo poidades enviar preferentemente antes do 18 de Outubro.

Para calquera dúbida ou aclaración, podedes consultarnos no correo ou no teléfono 684306147.

Agardamos que sexa do agrado das vosas crías e o poidamos aproveitar todas.

 

Un saúdo,


Anpa Landras do CEIP Mestre Rodriguez Xixirei de Lavacolla

PRIMEIRA SESIÓN ACTIVIDADES DE IGUALDADE PARA AS FAMILIAS

imaxe.png   

 

Familias!!!

Convidámosvos a participar nas actividades de promoción da igualdade destes vindeiros días nas que as nosas crías xa están traballando e experimentando no colexio! Sabemos que estades a tope e intentamos facilitar a asistencia cunha conexión online que non require mais que pinchar un enlace.

Será HOXE venres 08 de Outubro de 17:00 a 17:45.

A entidade Aventeira propón esta primeira sesión para as familias:

Cómo son os rapaces e rapazas ao longo do seu crecemento?


- Coñecer os rasgos principais que definen á rapaza e a pre-adolescentes.
- Entender os cambios que están experimentando: funcionamento biolóxico, sentimentos,
emocións, formas de relacionarse cos demais.

 

Anpa Landras do CEIP Mestre Rodriguez Xixirei de Lavacolla

 

https://www.edu.xunta.gal/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=98984&mailbox=SU5CT1g&uniq=1633677270883

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

         

 

 

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Bo día familias.

As vindeiras semanas, do 4 ó 19 de Outubro, desenvolverase na escola un Ciclo de actividades de igualdade, afectivo-sexual, violencia de xénero, cousificación, micromachismos, estereotipos e protección da información. A actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Este programa está pensado para que participemos a totalidade da comunidade escolar: crías, mestras e familias. Haberá talleres, xogos e charlas case tódolos días para cada grupo. Deixamos aquí abaixo o programa.

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES E CALENDARIO

BANCO DE AVEÑOS -ANPA

 

BANCO DE AVEÑOS -ANPA

 

Bo día.

 

Para o proxecto do Banco de Aveños da Anpa, xa temos falado coa escola das necesidades que teñen elas e das que teremos as familias de material que nos podemos ir doando ou emprestando entre as familias, que xa non usemos ou nos quede pequeno, a fin de evitar mercar e gastar en cousas que podemos compartir dunhas a outras. Para doar só tendes que cubrir este formulario:  https://form.jotform.com/210883794430359

 

Cada certo tempo iremos publicando listaxe dos aveños doados para quen queira nos poida escribir para solicitalo sen mais que un correo electrónico a material.landras@gmail.com
Unha vez rematado de usar, ou quede pequeno e siga estando en condicións, volverá ó banco para volver a ser emprestado.

Este é o material que vos solicitamos poidades doar á Anpa dende xa:

 

- Patinetes ou bicicletas para 3 a 6 anos.

 

  Son para uso das crías de infantil na escola. Precisamos 22 unidades. Irán directamente á escola e non ó banco.

 

- Libros de lecturas recomendadas do currículo escolar.

 

  Todos aqueles libros que merquedes para a escola dos que nos solicitan, se non son de cubrir ou traballar neles, das lecturas, que unha vez non os vaiades usar mais, poderán ser reutilizados por outras crías cando cheguen ó curso deses libros. Estes irán ó banco.

 

- Libros de lectura xeral.

 

  Libros que vos parezan de interese e queirades compartir, xa sexan para as crías, sobre educación ou para as adultas das familias, irán á biblioteca e alí poderemos acceder todas a eles e así ir ampliando o catálogo.

 

- Roupa de augas.

 

  Botas de auga, chuvasqueiros, pantalóns e monos impermeables que xa vos queden pequenos e non estean moi gastados, poderán ser aproveitados polas que veñen detrás.

 

- Mandilóns de infantil.

 

  Se non están moi magullados, valerán para seguir pintando e pringándose.

 

 

En canto vaiades tendo dispoñibles estas cousas e queirades compartilas, por favor ide cubrindo o formulario, e xa Óscar vos irá dicindo que e como tendes que facer co material.

 

Agradecemos de antemán que colaboredes neste proxecto, pois creemos importante que as nosas crías vexan que as cousas teñen mais de unha vida e podemos compartilas como unha comunidade.

 

Apertas, ANPA.

 

 

PROTOCOLO PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO USUARIO DO SERVIZO DE COMEDOR DE XANTAR.

 

PROTOCOLO PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO USUARIO DO SERVIZO DE COMEDOR DE XANTAR.

 

A partir desta semana, crearanse tres quendas de recollida no tempo de custodia do comedor:

 

1ª quenda: Dende as 15:15 ás 15:30

2ª quenda: Dende as 15:45 ás 16:00

3ª quenda: dende as 16:15 ás 16:30

 

As familias deben notificar ó coordinador do servizo en que quenda irán a recoller a súa crianza, para unha mellor organización do servizo.

 

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

Ángel Castro

Coordinador Xeral

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA OS USUARIOS DO COMEDOR

 

 

PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A ALTA, REXISTRO E A CONTRATACIÓN A TRAVÉS DA APP COLECHEF DOS SERVIZOS DE MADRUGADORES E DE COMEDORES ESCOLARES PARA O MES DE SETEMBRO.

 

INFORMACIÓN ENVIADA POLO CONCELLO

 

 

Poñemos no seu coñecemento  que dende hoxe ata o domingo, 12 de setembro ás 16 h. as familias que non teñan solicitados os servizos de madrugadores e comedores para o mes de setembro na  APP Colechef e que o necesiten, poderán contratar estes servizos para o mes de setembro.
 

É moi importante informarlles ás familias que non é suficiente estar inscrito como solicitante de beca (en servizos sociais) ou solicitante de comedor (no Departamento de Educación)se non está dado de alta, rexistrado e contratado os servizos na APP ColeChef. Rematado este proceso na APP, recibirán como resultado unha mensaxe  no correo electrónico facilitado na citada plataforma.

Toda a información sobre o proceso de matrícula nos servizos de madrugadores e de comedores está disponible na web municipal www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/>  pero tamén  o achegamos en documento adxunto para facilitar a súa difusión.

 

 

MENÚ COMEDOR- SETEMBRO 2021

Xa pode consultar o menú de SETEMBRO

ALMORZOS

XANTAR

Distribuir contido


by Dr. Radut