Skip to Content

BIBLI

ORDES DA MECA

A nosa Meca Bibli xa deu as súas ordes para toda a semana. 

O luns comezaremos vestindo de mochileiros, para emprender a nosa viaxe polo mundo.

O martes porémonos na pel de conductoras e conductores de calquer medio de transporte. Recordade que poden ser terrestres, aéreos ou acuáticos.

O mércores coñeceremos moitas bandeiras do mundo e poderemos empregalas para vestirnos con elas, como complemento... 

O xoves poderemos vir de calquer personaxe que nos guste. Pode ser da vida real (Einstein, Rosalía de Castro...), ou do mundo da fantasía (Harry Potter, Mickey Mouse) Pode estar vivo ou non. 

O venres disfrazaremonos de animal para poñerlle ao Entroido un gran final.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut