Skip to Content

horto do cedo

Horto do cedo

Xa temos a nosa horta a producir. Empezamos co horto do cedo que se planta no inverno e se recolle na primavera. Plantamos leituga, cebola, acelga, coliflor, repolo, brecol e patacas. Agora necesitamos sol e que crezan. 

Si queredes participar no proxecto consultade co alumnado de 1º e 3º, elxs foron os agricultorxs. 

PROGRAMA VOZ NATURA | CEIP PLURILINGÜE A LAXE

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Horto do cedo

NOVA TERRA PARA A HORTA

Como xa sabedes a nosa horta está nun terreo de escombreira e o sustrato non é moi bo. Está composto por restos da obra do colexio e terra mala. A solución é ir engadindo terra boa e algo de abono para que as nosas plantiñas podan alimentarse.

Dentro de nada comezamos a plantar.

BEEEEEENNN!!!

XA TEMOS A HORTA CASI PREPARADA

Grazas a Ramón e So Wang que nos axudaron a retirar os restos vexetais da horta de primavera. Xa temos o terreo listo para traballar e plantar. O alumnado de proxecto competencial está a encargarse de planificar e plantar a horta, seguro que teremos uns productos excelentes.

A HORTA DO CEDO

Chegou o outono e é o tempo de plantar a horta do cedo. Nós xa temos plantado todo para ter unha boa colleita. Plantamos porro, repolo, col de bruselas, coliflor, berza e patacas do cedo.

A ver si crece todo para poder comelo que está moi rico.

Distribuir contido


by Dr. Radut