Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 2024 - 2025

A partir de hoxe, 24 de xuño, (ata o venres) podedes traer a documentación para matricular ás vosas fillas e fillos no centro cubrindo o modelo 550B que atoparedes premendo a imaxe ou achegándevos ao centro. Estaremos en horario de 10:00 a 14:00. Lembrade que tamén deberedes traer:

- 2 fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia da páxina do libro de familia onde estea inscrito o alumno ou alumna. 

- Fotocopia do DNI dos proxenitores e do neno ou nena (se xa o ten). 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria. 

- Certificado de empadroamento. 

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso. 

 

 

 
 

OIADORES fest'24

Aquí tedes unhas fotos do que foi o festival de fin de curso deste ano. Despois de tanto ensaio e preparación resultou todo un éxito. Toda a comunidade educativa xuntouse para disfrutar desta marabillosa despedida de curso.

Álbum: CURSO 2023-24 -> OIADORES fest

OIA FEST

 

 

 

Por fin temos hora e data para o Festival de final de curso! toma nota:

                                    DIA 20 DE XUÑO ÁS 10:30

LUGAR: PAVILLÓN DO CENTRO

Xa sabedes que este ano nos inspiramos en Oia,e por iso, ademáis de ver o festival de música poderedes visitar as exposicións que fixeron os distintos cursos na biblioteca do centro.

O horario para acceder a ver as exposicións será dende a entrada do alumnado 9:40 h e despois do festival de música. 

Se queres saber como somos os Oiadores e Oiadores ven ao noso mundo!

 

AGARDÁMOSVOS!

RECADACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

Grazas á colaboración das familias do centro fomos capaces de conseguir recadar 1137€ de doazón para a fundación UNOENTRECIENMIL que investiga e loita contra a leucemia infantil. Os nosos nenos e nenas participaron nesta carreira solidaria na que todas as persoas ganan.

Felicitacións!

 

REVISTA PARLADOIRO 2024

 Aquí tedes a nosa revista escolar: "PARLADOIRO", realizada polo alumnado do centro. Agardamos que a desfrutedes!


CARREIRA SOLIDARIA UNOENTRECIENMIL

Vimos anunciar a carreira solidaria do próximo venres día 24 de maio para recadar fondos a favor da investigación da leucemia infantil. As familias que queiran colaborar poderán facelo a través de doazóns nos sobres que se enviarán a casa. A recadación será recollida e depositada pola ANPA. Contamos co voso apoio!

 

SEMANA DO LIBRO 2024

 

Álbum: CURSO 2023-24 -> SEMANA DO LIBRO 2024

VISITA AO MOSTEIRO DE OIA

O pasado luns, 15 de abril, o alumnado do colexio saíu a explorar a contorna. Nesa exploración parámonos no MOSTEIRO DE OIA. É o patrimonio máis representativo do noso pobo e non podíamos deixar de visitalo. 

Acompañadxs por guías fomos descubrindo os seus segredos, beleza e historia. Este mosteiro, onde nace Oia, trátase do único mosteiro cisterciense situado ao carón do Atlántico. E dende 1931 goza da maior protección legal en materia de patrimonio histórico.

Sin dúbida será unha visita que repetiremos tódolos anos para por en valor o noso pobo. Aquí tedes algunhas fotos e un enlace onde atopar información desta fantástica visita. 

Clica na imaxe para saber máis sobre o mosteiro

 

Álbum: CURSO 2023-24 -> VISITA AO MOSTEIRO

PROGRAMA DE PRIMAVERA

 Neste programa o alumnado de quinto traballou en grupo e cada un deses grupos elaborou o seu propio podcast. Aínda que van todos xuntos, falan de temas diferentes e foron gravados con diferentes técnicas.

Atoparedes entrevistas, actividades do colexio, lecturas recomendadas. celebracións do mes de marzo e por suposto, o concurso!!!
Agora toca disfrutar da fin de semana escoitando a RADIO ARRABAL!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut