A Xunta de Galicia ven de convocar as axudas para o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o Curso 2022/23. (ORDE do 29 de abril . DOG Núm. 95 do 18 de maio de 2022.)
- PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: iniciarase o 19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído)
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
NO CASO DE PRESENTALAS NO CENTRO TERÁ QUE FACERSE UNICAMENTE EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 13-14h.
- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
c) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
IMPORTE DAS AXUDAS
Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
- alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros.
- alumnado con renda per cápita familiar de 6.000 € a 10.000 €: 4 libros .
Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educacion especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado con discapacidade maior ou igual ao 65% ou con necesidades especificas de apoio educativo (NEAE):
|
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € |
Renda per cápita familiar de 6.000 € a 10.000 € |
alumnado de 1º e 2º de EP |
210 €. |
140 €. |
alumnado con necesidades específicas de apoio educativo |
210 € |
140 €. |
|
Non depende da renda per cápita da unidade familiar |
|
Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65 % de 3º, 4º, 5º e 6º de EP |
275 € |
Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP: será de 50 € para:
- alumnado con renta per cápita igual ou inferior a 6000€
- alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.
(a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 entre o número de membros computables)