Vostede está aquíFondo Social Europeo
Fondo Social Europeo
Que é o FSE
Xa levamos varios cursos participando na actividade dos Contratos-programa e este curso tamén participamos na Iniciativa ARCO.
Iniciativa ARCO: dentro do “Programa de orientación e reforzo para o avance e apoio na educación”, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación.
Iniciativa ARCO
Dende a iniciativa ARCO traballamos nos cursos 4º, 5º e 6º en dúas liñas diferenciadas: comprensión e expresión oral e escrita nas áreas de Lingua Castelá e Lingua Galega e resolución de problemas na área de Matemáticas.
No que respecta á comprensión e expresión oral e escrita traballamos:
·Noticias do xornalà localización das partes da noticia e análise de información das noticias mediante as preguntas: que pasou?, cando?, onde?, a quen ou a que? e como?.
·Lecturas comprensivasà lectura dun texto e resposta a diferentes preguntas sobre o mesmo.
·Textos instrutivosà organizar información para escribir unha receita de cociña (ingredientes, utensilios e modo de preparación) e as instrucións dun xogo de mesa (contido do xogo, normas do xogo e como se xoga), ordenar os pasos para a preparación dunha receita, buscar os ingredientes e utensilios dunha receita nunha sopa de letras, etc.
·Subliñado, esquemas e resumosà reparto de infografías con explicacións sobre o subliñado, o esquema de ideas e o resumo, ademais dunha ficha con conectores para axudar na redacción, práctica de todos os pasos necesarios a través de textos sinxelos.
·Invención de historias à reparto de infografías sobre as partes nas que se divide unha historia ou un conto e os pasos necesarios para escribir unha historia, reparto de organizadores para a descrición de personaxes, do conflito e da resolución deste, reparto de táboas de vocabulario para descrición de paisaxes, práctica da creación de historias mediante xogos.
No que respecta á resolución de problemas traballamos os pasos para a correcta resolución de problemas (lectura, selección de datos, penso que teño que facer, operacións e repaso) tendo en conta o diferente tipo de problemas que hai (suma, resta, multiplicación, división, fraccións, porcentaxes, medida, tempo, etc.).
Finalmente, comentar que tamén se fomentou o traballo de técnicas de estudo (sobre todo no alumnado de 6º) a través da metacognición coa axuda da escaleira da metacognición, a técnica Pomodoro para rexistrar o estudo con períodos de descanso entre as actividades, e empregando o subliñado, o esquema e o resumo como base para o estudo do temario das áreas con alta carga de contidos como son as Ciencias da Natureza e as Ciencias Sociais.