Vostede está aquíSon do Mesón
Son do Mesón
Día Mundial da Saúde
O alumnado de 5º de EP, segue argallando cos Podcasts e desta vez tocou achegarse ao Día Mundial da Saúde. Animádevos a escoitar as súas achegas sobre esta conmemoración.
Podcast sobre o Día das Artes Galegas
O alumnado de 5º está retomando a produción, gravación e edición de podcast. Desta vez achegámonos ao Día das Artes Galegas, e con el ao autor homenaxeado este ano, Francisco Asorey, que deixou a súa pegada na nosa vila de Ordes.
Receita 2º EP Rosquillas
O alumnado de 2º demostra as súas dotes na cociña á par que nos comparten unha receita entroideira deliciosa. Que ben o fan! Collede lapis e papel para tratar de replicala na casa.
Podcast sobre o Día Mundial da Discapacidade
Desta volta, o alumnado que protagonizou o 1º dos podcasts da nosa canle, danos información sobre a conmemoración do 3 de decembro.
Sigamos creando podcasts e traballando na creación de podcasts para compartir andainas e aprendizaxes coa comunidade educativa.
Entrevista: Saída a Viérnoles
Velaquí a primeira emisión de podcasts do noso programa: O Son do Mesón.
Nesta ocasión, Daniela, Daniel, Candela e Ainoa de 6º de EP como locutores/as e Marco de 5º de EP e Andrés de 6º de EP como técnicos, iniciáronse na creación de contidos con este podcast.
Nesta ocasión relátannos a través dunha entrevista como foi o seu día a día, na saída a Viérnoles, Cantabria.
Este será o primeiro podcast de varios que faremos ao longo do curso...
Invitámosvos a escoitar e a iniciar como oíntes as producións do noso alumnado.
COMEZAMOS!