Vostede está aquíArdemiro's Games

Ardemiro's Games


Ardemiro's Games sticky icon

Boas, prezadas familias!

Con motivo das medidas excepcionais que estamos a vivir, decidímonos a plantexar uns xogos moi particulares deseñados por Ardemiro para desfrutar en familia e axudar a conservar a nosa saúde física, mental, social e emocional.

Antes de nada, imos a establecer unha serie de aclaracións para que logo isto vaia a fume de carozo:

1 - EN QUÉ CONSISTE?

Ardemiro´s Games baséase en realizar un reto familiar por día, que aparecerá colgado neste apartado máis abaixo e que vós mesmos podedes adaptar á vosa realidade. Contamos coa vosa creatividade e imaxinación para solventar as posibles dificultades que poidades ter (obviamente non vai a ser necesario mercar nada). Non se trata de saturarnos a tarefas senón realizar actividades beneficiosas xuntos onde cada familia marca os tempos, dificultades...

2-QUEN PODE PARTICIPAR?

TOD@S @S DA CASA, fundamental que para que o reto sexa logrado toda a familia se involucre na actividade. Se temos na casa avós, tí@s, irmáns/as maiores/menores, primos...todos deberían formar parte do reto.

3- DURACIÓN? 

Non hai límite de tempo para realizar a reto durante ese día. Intentaremos subir o reto a noite anterior ou ese mesmo día pola mañá para que a poidades realizar de xeito flexible. Intentaremos que sexan actividades curtas e divertidas. Imos ter actividades previstas para estas 2 semanas, logo en función das circunstancias, xa intentaríamos engadir máis ou rematar cos Ardemiro´s Games.

4- E SE NON PUIDEN REALIZAR UNHA TAREFA?

Sabemos que son días complicados, no caso de non poder realizar unha tarefa, ao día seguinte podes optar a facer a tarefa pendente e a que che toque ese día ou optar a facer só a propia dese día para non quedarte rezagad@.

5- COMPARTIMOS?

Durante ou despois de rematar o reto, estaría fenomenal que subirades unha foto ou vídeo do momento ao padlet da semana correspondente que ides ver xusto aquí abaixo. Dentro do propio muro, tendes que premer na círculo do recuncho de abaixo á dereita e xa tendes varias opcións para subir unha foto ou vídeo. Así estamos un pouquiño máis conectados e sabemos que superáchedes o reto marabillosamente ben e xa estades preparados para o seguinte. É moi importante que só @s pais/nais suban os vídeos/fotos, xa que, doutro xeito estariamos vulnerando a lei de protección de datos e o permiso de imaxe. Se queredes ver o padlet en grande, tendes que premer na marxe superior dereita, e abrirásevos noutra lapela.

 PADLET DA 11ª, 12ª SEMANA

Hecho con Padlet

PADLET DA 7ª, 8ª, 9ª E 10ª SEMANA

https://padlet.com/rociosoutolouzao/vanwsdm3p1tbt74a

 

PADLET DA 5ª E 6ª SEMANA

https://padlet.com/alexvarela4/egvzvoihoadi48fk

 

PADLET DA 3ª E 4ª SEMANA

 https://padlet.com/rociosoutolouzao/6gzhu8e1c3kd

 

PADLET DA 2ª SEMANA

 https://padlet.com/rociosoutolouzao/8k66mz9qgjh3

 

PADLET DA 1ª SEMANA

https://padlet.com/alexvarela4/7ls0zt9ontxx

DESPEDÍMONOS DOS ARDEMIRO´S GAMES

Seguramente este trimestre e medio que acabamos de pasar o recordaremos por sempre, e non por boa cousa.  Foron momentos moi duros nos que se puxo ao ser humano ao límite e na maior parte dos casos, respondeu axeitadamente. A idea inicial era intentar realizar retos de todo tipo co gallo de manternos unidos, conectados e activos. 

Humildemente cremos que ese obxectivo cumpliuse moi por enriba das nosas expectativas, xa que foron moitas as familias que tomaron parte destes “Ardemiro’s Games”, incluso, facendo os retos despois dunha longa xornada de traballo entre outras circunstancias persoais. Sabemos que non é fácil conciliar todo iso, e polo tanto, gustaríanos agradecervos todo o esforzo realizado, as horas de ensaio e posta a punto dos retos, as horas de gravación, as horas nas que intentáchedes subir o vídeo ou a foto e o programa non era capaz de subilo….mil grazas por todo.

Aínda que sexa por unha fría pantalla de ordenador,  saber que estabades aí esforzándovos e tratando de facelo o mellor posible significou moito para nós.

Agardamos que á volta de verán teñamos boas novas e nos poidamos dar eses abrazos que tanto desexamos e botamos de menos.

 

Coidádevos moito e seguide activos!

 

 

 

47th CHALLENGE: ÚLTIMO RETO DOS ARDEMIRO´S GAMES

Chegamos un día máis a outro novo reto, pero atentos porque desta vez é o ÚLTIMO RETO que Ardemiro nos propón este ano, despois de tantos e tantos retos e esforzo, Ardemiro quere agradecérvolo sabedes como? Deixando que este último reto o elixades vós, podedes facer un reto que xa fixeramos antes ou se queredes inventar vos un, facer algo que vos gustaría compartir con tod@s e por suposto seguir as seguintes indicacións, estás disposto a acabar por todo o alto os retos? Seguro que si, asique vamos alá!!!=)

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 47º RETO?

1. Elexir un reto feito anteriormente ou crealo vos mesmos.

2. Preparar o reto en familia.

3.  Facer unha foto ou vídeo do noso último reto  e subilo ao padlet da 11ª/ 12ª/ 13ª/14ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

46th CHALLENGE: SOMOS CONTACONTOS!

Bueno, bueno, bueno...chegamos á última semana de curso, seguramente xa con gañas de descansar. Por iso, propoñemos interpretar este conto no que a diversión está asegurada.  O conto está en inglés pero como no noso colexio somos plurilingües, non imos a ter problema en levalo a cabo. Ademais, Michael Rosen fai unha escenificación extraordinaria, co cal, os xestos, acompañan moi ben ás palabras.

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 46º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Practicar o conto e os seus xestos.

3.  Facer vídeo ou montaxe de fotos realizandoo e subilo ao padlet da 11ª/12ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

45th CHALLENGE: SUPERHERO WORK OUT

Collede a vosa capa e a queimar calorías!!! Nesta rutina de exercicios podedes escoller entre 3/4 exercicios por personaxe, coma a viuda negra, spidemar, o capitán planeta e unha chea de superheroes e superheroínas máis.

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 43º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Practicar a rutina de exercicios.

3.  Facer vídeo ou montaxe de fotos realizandoo e subilo ao padlet da 11ª/12ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

44th CHALLENGE: MEMORY

Hoxe, os ardemiro´s games tráennos un novo reto: un memory. Con este reto poderemos xogar entre toda a familia, traballando ademáis esa memoria.


COMO LOGRAMOS SUPERAR O 44º RETO?


1. Imos pensar nun tema que nos interese. Pode ser a primaveira, os vehículos, ou incluso as cousas que máis vos chamaron a atención deste tempo de corentena. ¿Xa o tedes? Imos ao paso dous…


2. Pensa 10 palabras sobre ese tema e debúxaos en cadriños pequenos (mellor en cartolina, para que non poidamos facer trampas). Tes que debuxalo dúas veces.

3. Recorta e …a xogar! En familia, teremos que poñer as fichas boca abaixo e encontrar parellas. Quen máis parellas encontre, gaña! Lembrádevos de facer unha foto ou vídeo do voso memory e subilo ao padlet da 11ª/12ª/13ª semana.

4. Se cumplides todo iso, RETO CONSEGUIDO.

Deixámosvos aquí dúas plantillas de mostra que podedes imprimir para xogar.

 

PLANTILLA 1

 

 PLANTILLA 2

O documento adxunto que encontraredes abaixo "MEMORY ANIMAIS", podedes descargalo clicando directamente nel.

43rd CHALLENGE: O circo dos malabares

Imos a facer un retos de malabares con calquera material que teñamos na casa. A ver se somos capaces de realizar os 10 pasos que nos propoñen, pero xa sabedes que o importante é esforzarse na tarefa, non o resultado final.

 COMO LOGRAMOS SUPERAR O 43º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Practicar os malabares.

3.  Facer vídeo ou montaxe de fotos realizandoo  e subilo ao padlet da 11ª/12ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

42st CHALLENGE: COREOGRAFIA TOCA TOCA

Comezamos entón co primeiro reto do mes de xuño, que imos ter que facer? Pois tócanos movernos ao ritmo da canción toca toca, asique preparádevos para bailar!!=)

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 42º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar a coreografía en familia.

3.  Facer unha foto ou vídeo realizando a coreografía  e subila ao padlet da 11ª/12ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO

RETOS DE XUÑO

Xa que agora estamos nunha fase na que nos permiten movernos máis ao aire libre e sen limitacións horarias, imos a propoñer nestas 3 últimas semanas de curso, 2 retos por semana. Cada luns e cada venres teredes dispoñibles novos retos. A idea é que combinedes as actividades propostas con outras ao aire libre en familia (andar, correr, ir na bicicleta….) para manter o noso corpo e mente activa en todos os aspectos.

Polo tanto, hoxe xa tendes dispoñible o reto 42 e o venres subiremos o reto número 43.

Coidádevos moito e a queimar calorías e aburrimento!

41st CHALLENGE: INSTRUMENTISTAS DO MESÓN

Chegamos un día máis a outro novo reto, desta vez algo que de seguro vos animará a tod@s, imos a  facer un vídeo musical con todos os instrumentistas que temos no Mesón, tanto alumn@s como familiares. En que consiste o reto? En coller un instrumento musical que teñamos na casa, pois todos temos un, ven sexa creado por nós mesmos con materiais reciclados ( como fixeramos a maraca nun dos retos), percusión corporal, calquera  instrumento de percusión (carillón, xilófono, triángulo, claves, platillos…), de vento ( frauta doce, clarinete, trompeta…) , de corda ( guitarra, ukelele…), teclado,   ou mesmo instrumentos tradicionais, pois sabíades que ata por exemplo unha pota ou culler son instrumentos tradicionais? Así que cada un que colla o seu intrumento e a tocar!!

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 41º RETO?

1. Elexir unha canción para tocar ou acompañar co noso instrumento.

2. Preparar a canción en familia.

 3.  Facer unha foto ou vídeo co noso intrumento interpretando unha peza que nos gusta ou levando o ritmo dunha canción  e subilo ao padlet da 11ª/12ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO