Vostede está aquíRobótica

Robótica


Benvidos sticky icon

No curso 2018-2019 iniciamos un proxecto de robótica no centro.

Intentamos desde aquel curso que os nosos alumnos acaden unha boa competencia neste ámbito e poder ter a sorte de realizar a II Maker Faire (feira de robótica) do cole, que xa andamos argallando algo!!:)

Mentres nos poñemos as pilas para conseguir que así sexa e se celebre, deixámosvos o vídeo do noticieiro daquel ano, onde se recolle a nosa experiencia na I Maker Faire. Agardamos que vos guste!

Noticieiro

Que vos parece se creamos unha man robótica caseira?

Que vos parece se desta vez en lugar de empregar ferramentas en liña ou aplicacións creamos nos unha man robótica? A continuación déixovos  o enlace a un vídeo que vai explicando como facelo, os materiais necesarios seguramente os tedes na casa, de ser así, ídeos buscando que comezamos:

 

MAN ROBÓTICA CASEIRA

HORA DEL CÓDIGO

Para que continuedes investigando máis cousas sobre programación, déixovos outra ferramenta en liña, coa cal non tedes que descargar nada, chámase "La hora del código", esta ten algo de competición, pois vai dando puntos canto mellor o vaiades facendo e podedes incluso conseguir un diploma, asique non dubidedes en probalo:

HORA DEL CODIGO

APLICACION LIGHTBOT

Desta vez preséntovos unha aplicación chamada "lightbot", como o seu nome indica é unha aplicación que consiste en ir program,ando un robot que vai encendendo bombillas en caso de telo ben programado. Tamén está en inglés, pero é fácil de utilizar, recoméndovos que probedes que de seguro vos gusta.

Nesta ocasión, non se trata dunha ferramenta en liña, senón dunha aplpicación, polo que poderemos utilizala tanto en tablets como móbiles.

Que temos que facer para descargala?

-Entrar no play store

-Escribir lightBot

-Descargar

Ánimo todos a ver a que nivel damos chegado, espero que vos guste!!!=)

BLOCKLY GAMES

Ola a tod@s, nesta casión vouvos a deixar un enlace para o programa chamado " blockly games", é unha ferramenta en liña, é dicir, non temos que descargar nada nos nosos ordenadores, podedes clicar directamente no enlace que se mostra a continuación e comezar a programar.

Unha vez que cliquedes vanvos aparecer varias pestanas ( puzle, maze, bird...), podedes ir facendo en orde ( comezando pola esquerda ata a dereita). 

Espero que vos guste e non vos asustedes porque pese a estar en inglés coas imaxes é moi intuitivo:

 

BLOCKLY GAMES

Recursos de robótica para pasar mellor o confinamento

Ola a tod@s, son Rocío a coordinadora de robótica deste ano, para que poidamos pasar o confinamento de forma divertida e sen olvidarnos de todo o que fumos aprendendo este ano de robótica, ireivos deixando algún recursos que podedes facer na casa relacionado con robótica.

Por suposto, se creastes algún robot caseiro podedes pasarmo o meu correo e así, se vos queredes, eu subireino neste apartado, para poder compartir con todos os nosos compañeir@s do cole e mestre/as o que estamos facendo de robótica nas nosas casas.

Sen máis, animarse tod@s a facer ou empregar algúns dos recursos robóticos.

 

Saúdos a tod@s

 

Información robótica 5º Educación Primaria para estes días

Ola a tod@s, xa que estes días nos toca estar na casa podedes se queredes entretervos con algúns dos xogos de programación que estivemos vendo na clase durante este trimestre. A continuación déixovos os nomes, e se queredes podedes ir apuntando en qué fase de cada xogo estades, así cando volvamos ao cole comentamos cada un o que fixo e que aspectos novos e dúbidas vos foron xurdindo!!;D

Calquera cousa, contactade conmigo a través do meu correo: rslouzao@edu.xunta.es

Xogos de programación ONLINE:

Lembradevos que podedes xogar dende os vosos ordenadores sen necesidade de descargar nada:

Blockly games

 

Se preferides xogar dende o móbil de vosos pais ou ben dende as tablets, decídelle a un adulto que vos instale dende o play store a aplicación "LightBot".

Moito ánimo e seguir programando, que estou segura que o ides facer xenial e que as vosas familias van aprender un montón de vós!!:)

Coidádevos moito e vémonos á volta!!;D

O robot matatalab chega a 3º curso

Desta vez os alumnos e alumnas de 3º curso, tivemos unha nova clase de robótica con un invitado especial, un robot co que non traballaramos ata agora, o matatalab. A veradde é que fumos poñendo cada vez retos máis complicados, pois con varios obstáculos, pero aínda así os alumnos de 3º souberon ben como funciona este robot e o máis importante, programalo para que nos faga caso.

 

 

Coñecemos un novo robot en 5º, o ozobot

Os alumnos de 5º curso continuamos con robótica, esta semana tocounos coñecer un novo robot, o ozobot. Este robot é un sigueliñas, para ver como funcionaba estivemos traballando unha serie de descubrimentos. 

 

Último Lego reto

Os alumnos de 3º continuamos con robótica, hoxe é un día importante porque nos toca o último reto dos lego wedo, temos que traballar de forma colaborativa entre todos, unindo os nosos proxectos, pero fixádevos ben porque desta vez queremos que os nosos robots poidan moverse, asique atentos e motores á acción!!=)