Vostede está aquíErasmus +

Erasmus +


Erasmus+ sticky icon

 

El proyecto “Click and Clil: na procura de Chiscadela” y la ACREDITACIÓN KA120 y los posteriores proyectos KA121 están cofinanciados por el programa Erasmus+ de la Unión Europea. El contenido de esta web escolar es responsabilidad exclusiva del CEIP Mesón do Vento y ni la Comisión Europea, ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

Notas de prensa: 

- El colegio de Mesón do Vento logra la acreditación Erasmus+

- Acreditación Erasmus+ para o CEIP de Mesón do Vento

- A Xunta recoñece os 64 centros participantes no programa Erasmus+ polas súas accións de mobilidade internacional e cooperación

Para más información podéis entrar en el SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación): 

 

 

Posta en común mobilidade a Oulu (Finlandia)

O luns 7 de Outubro, Sergio e Álex V. fixeron a posta en común da súa mobilidade de observación a Oulu (Finlandia) coa cal, se remata co primeiro proxecto Erasmus+ do centro para comezar, de xeito inmediato, co segundo proxecto Erasmus+.

 

Mobilidade Erasmus+ a Oulu (Finlandia) - 20/09 - 5º Día

No noso último día no centro fomos con 4° EP toda a mañá. Primeiro tivemos "crafts" e logo matemáticas. Na primeira delas estaban realizando creacións con calceta, enpregaban a tablet como medio de apoio a través de vídeos e para valorar o seu progreso.
En Matemáticas estiveron con exercicios de multipliacións combinadas.
Tamén tivemos tempo de compartir impresións coa directora do centro, Paula, e recibimos uns obsequios pola nosa visita.

E con isto, chegamos ao final desta aventura formativa, foron días moi intensos á par que enriquecedores.

 

 

 

Mobilidade Erasmus+ a Oulu (Finlandia) - 19/09 - 4º Día

No día de hoxe, comezamos cunha clase de finés de 2º de Primaria onde había 40 alumnos divididos en dúas aulas. Nunha das aulas estaban en lectura e na outra estaban escribindo frases a través dun xogo.

Logo de xantar, estivemos no recreo observando os diversos espazos do centro e como se dinamizan.

Nas últimas horas tivemos unha entrevista con alumnado de diversos cursos onde tratamos de teren conversa en inglés e castelán e logo fomos á aula STEAM para observar o proxecto que están a levar a cabo con 5ºEP onde tratan de emular escenarios medievais ou viquingos a través do xogo Minecraft Education.

 

 

 

Mobilidade Erasmus+ a Oulu (Finlandia) - 18/09 - 3º Día

Neste mércores tivemos observación en varias aulas do centro.

Primeiramente, estivemos na aula de Educación Especial e observamos as diversas adaptacións que realizan para o alumnado. Logo fomos a unha aula de matemáticas de 5º, onde estaban realizando multiplicacións dunha cifra.

Posteriormente do xantar, estivemos cunha clase de cuarto baseada na prevención do bullying, onde adoptaban distintos roles e valoraban o xeito de integrarse nun grupo de amizades.

Finalmente fomos á aula de STEAM, onde puidemos analizar o emprego de diversos dispositivos e materiais coma o Lego Spike, a aplicación Osmo e Ipods, a codificación a través de Scratch, e tamén tivemos tempo para ver a un grupo de 3º realizando labores de carpintería (estaban realizando colgadoiros para as perchas).

 

 

 

 

 

Mobilidade Erasmus+ a Oulu (Finlandia) - 17/09 - 2º Día

Neste chuvioso martes, primeiro visitamos a Universidade de Oulu xunto coa mestra finlandesa Ulla Savola (a nosa mestra anfitriona) e coas compañeiras alemanas Lara, Bárbara e Paula que están realizando tamén a observación no centro. 

Nesta visita estivemos a realizar un obradoiro co programa Inkscape, grazas a un mestre-enxeñeiro da universidade para editar gráficos vectoriais e gravalos coa cortadora láser.

Despois do lunch, fomos a observar o centro de Educación Secundaria Pitkäkankaan Koulu. Nel, puidemos observar a introdución a diversas competencias profesionais tales coma a costura, a carpintería, a cociña, química, tecnoloxía...todas elas con moito mobiliario modular.

 

 

 

 

 

Mobilidade Erasmus+ a Oulu (Finlandia) - 16/09 - 1º Día

Logo dunha longa viaxe, Sergio, mestre de Primaria e Álex, o director do centro e mestre de EF, chegaron a Oulu. 

O centro Oulunsalon Kirkonkylän Koulu está nunha zona rural, con moitos espazos para facer deporte e adaptada para poder vir en bicicleta. De feito, ata no centro tiñan grandes áreas para o aparcamento de bicis, xa que, o 80% ven neste medio de transporte.

Dende o primeiro momento sentímonos moi acollidos polos mestres/as finlandeses e por un grupo de 3 mestras de Worms (Alemaña) que tamén están observando este centro.

Primeiramente, realizamos un tour polas súas coidadas instalacións para posteriormente realizar a presentación do noso centro para todo o seu alumnado e profesorado de Primaria.

A 3ª hora tivemos unha charla coa directora do centro sobre o sistema educativo finlandés e a súa comparativa co alemán e o español.

Logo de xantar no comedor do centro unha sopa de salmón e un pan tradicional, estivemos na clase de Educación Física onde xogamos ao béisbol estilo finlandés ou Pesäpallo e logo unha sesión de Educación Musical moi dinámica.

Foi unha mañá intensa pero moi enriquecedora. Deixámosvos unhas instantáneas deste día:

 

 

 

Acto de recoñecemento da Acreditación Erasmus+

O martes 21 de maio fomos convidados ao acto de recoñecemento de Erasmus+ na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. No evento tamén participamos nunha "mesa redonda" para explicar a outros centros galardoados a nosa estratexia de internacionalización e todos os beneficios do programa.

Ao evento asistiron diversas autoridades, entre elas Román Rodríguez, Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, que agasallaron aos representantes dos centros coas correspondentes condecoracións.

Para máis información premede na nota de prensa da Consellería de Educación: A Xunta recoñece os 64 centros participantes no programa Erasmus+ polas súas accións de mobilidade internacional e cooperación

Premede na imaxe para ver máis instantáneas da xornada:

Participamos no Café Viaxeiro Erasmus+

O xoves 9 de maio con motivo do Día de Europa, o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) convidounos ao programa "Café Viaxeiro Erasmus+" onde puidemos explicar parte do noso proxecto Erasmus+ e a participación da comunidade educativa na vida democrática.

Como ides apreciar, houbo moitos problemas coa conexión e non puidemos expresar todos os contidos como nos gustaría. Malia todo, estamos encantados coa experiencia e de que se lembren de nós dende os servizos centrais de Erasmus+ para poñer en valor o noso proxecto. A nosa exposición comeza sobre o minuto 21.

Posta en común da mobilidade de Erasmus+ en Lisboa

O xoves 2 de maio, o alumnado de 6º EP realizou a presentación por parellas polas diversas aulas do centro. Algunha das imaxes da xornada téndelas premendo aquí.