Vostede está aquíSec. Bilingües
Sec. Bilingües
Benvidos
Benvidos ao espazo adicado ás seccións bilingües do CEIP Mesón do Vento. Esta sección está integrada polos mestres: Cristina Mallo (mestra de Inglés e coordinadora) e Alejandro Varela (mestre Ed.Física).
No presente curso as seccións bilingües quedan da seguinte maneira:
Educación Física: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Como novidade este ano contamos con un auxiliar de conversa chamado Máté Bartha, procedente de Inglaterra, que está connosco os martes pola mañá e xoves todo o día (un total de 8 horas) dende o 01/10/23 ata o 31/05/24. A súa presenza está axudándonos moito para que @s nen@s teñan máis gañas de aprender a lingua estranxeira.
Comprácenos tamén informalos de que @s mestres que formabamos parte da sección bilingüe no curso escolar 17-18 (Xela, Rocío e Álex) acadamos varios premios no proxecto que levamos a cabo titulado: “What are some tradicional dishes of your country?”. Tamén no curso 20-21 (Rocío e Álex) se gañou sendos premios (nacional e europeo) co proxecto "Differences are our richness". Parte dos dos premios foron os seguintes:
Presentación de Charlotte
O martes 1 de outubro recibimos no cole á nova lectora de inglés, Charlotte Howie.
O primeiro que fixo foi presentarse aos rapaces, explicándolles de onde viña, unha precioso lugar preto de Sidney alá na lonxana Australia.
Logo mostrounos moitas cousas dese país: incribles paisaxes, unha fauna espectacular, gastronomía...
Aquí tendes a súa presentación.
Clicade na imaxe para ver algunha fota.
Presentación de Mátè
O martes día 10 de outubro foi a presentación oficial aos alumnos de primaria do noso novo lector de inglés, Mátè. Explicoulles que naceu en Budapest (Hungría) pero que estuda castelán e ruso en Coventry (RU). Respondeu ás preguntas dos rapaces e así sabemos que adora a pizza e que lle gustan lobos e pegas.
Aquí tendes a súa presentación.
Spring Week
Trala consulta ao Consello Escolar o 10-10-22, aprobouse por unanimidade
iniciar os trámites para realizar a solicitude para a participación no proxecto
de inmersión lingüística Spring Week para 6º de Primaria e estamos á espera
de saber se fomos admitidos.
A Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030 (EDUlingüe) pretende, entre outros obxectivos, ofrecer un novo impulso cualitativo e cuantitativo ao ensino en linguas estranxeiras para que o alumnado poida rematar os seus estudos tendo un dominio completo polo menos dunha primeira lingua estranxeira con aprendizaxe integral e dominio extensivo. A Spring Week, desenvolveráse durante o curso escolar, posiblemente nas semanas finais do terceiro trimestre nun centro residencial situado na Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de internado. Resolución da Spring Week Finalmente non fomos admitidos na Spring Week. Resolución definitivaLectora de Inglés
O martes 4 de outubro tivemos o placer de recibir á nova lectora de inglés para este curso 2022-2023.
Chámase Urvashi Patak e procede da cidade de Lucknow no norte da India. Tod@s @s nen@s do centro puideron vela e desfrutar dunha presentación onde nos contou moitas cousas interesantes sobre ela e o seu país. Para ver a súa presentación, premede aquí.
Premede na imaxe para ver fotos.
Recibimos agasallos de eTwinning
O pasado venres o alumnado de 5º, 6º de Primaria e o exalumnado de 6º do ano pasado recibiron uns agasallos por parte de servizo nacional de eTwinning polo seu desempeño no proxecto europeo realizado o ano pasado onde logramos o Selo de Calidade Nacional e o Selo de Calidade Europeo.
Premede aquí para poder ver imaxes deste marabilloso día.
Presentación eTwinning - Autumn activities
Dentro do proxecto de " Rhythm, movement and speech" realizamos esta presentación na que traballamos diferentes aspectos realcionados co outono e a materia de lingua inglesa.
Presentacións eTwinning - Winter activities
Como parte do proxecto de " Rhythm, movement and speech" realizamos estas presentacións realizando estas actividades interdisciclipares sobre o inverno.
- Snowfight:
- Preparing animals for winter:
Black History Month
Durante o mes de febreiro en Estados Unidos conmemórase o Black History Month (o Mes da Historia Negra) a través da que se recordan e estudan diferentes episodios significativos da historia da comunidade negra nos Estados Unidos.
Aproveitando a presencia no noso centro do auxiliar de conversa Joe Kapustka decidimos achegar un anaco tan importante e, ao mesmo tempo, tan descoñecido para nós da cultura norteamericana á nosa realidade.
Deste xeito, o alumnado das seccións bilingües traballaron de diferentes formas o Black History Month. Os cursos superiores realizaron un traballo colaborativo buscando información a través de diferentes fontes sobre figuras destacadas na loita polos dereitos civís da comunidade afroamericana, que posteriormente será posto en común para todo o grupo.
Mentres, os cursos inferiores realizan un achegamento a este movemento a través do estudio de diferentes palabras significativas e o visionado dun corto sobre unha das figuras máis salientables, Rosa Parks.
Joe explícanos as habilidades básicas do Béisbol
Continuamos coa unidade didáctica de béisbol para os cursos que teñen seccións bilingües en Educación Física coa explicación de Joe, o noso auxiliar de conversa, que practicaba este deporte cando estaba nos Estados Unidos.
As habilidades que imos a ver nestes vídeos son as de lanzamento da pelota (throw the baseball) , as de recepcional con guante (catch the baseball) e por último a de recepción con guante cando a pelota roda polo chan (field the ground ball).
Podedes activar os subtítulos para comprender mellor o que nos explica Joe.
- Throw the baseball
- Catch the baseball
- Field the ground ball