Vostede está aquíSaídas

Saídas


Viaxe a Santiago

  Por fin! Despois de aprazar a viaxe dos alumnos de Educación Primaria a Santiago por mor do tempo e poñela para o mércores da última semana... pois resulta que tamén tivemos un día moi malo e choveunos bastante. Pero, como di a canción, a chuvia non nos molla (ou non nos decatamos) cando somos felices. E esta visita fíxonos moi felices porque pasámolo de marabilla na catedral e nos lugares que vimos. Se queredes ver algunhas fotos premede na imaxe.

Visita ao MUFRA

  O luns 3 de xuño, todos os alumnos de E.P. do cole foron visitar o Museo Etnográfico de Frades (MUFRA). Alí foron atendidos por Manuel Pazos que lles explicou como era a dura vida dos nosos antergos. Mentres tanto outros xogaban na praza do concello con xoguetes tradicionais, aros, zancos, etc. Ademais todos tomaron algo de chocolate, gasosa e... pan de broa! Pasárono moi ben e ata se achegou o propio alcalde de Frade. Premede na imaxe para ver fotos.

Visita ao Ventoso

  O mércores 20 de marzo os alumnos de Educación Infantil, visitamos a Granxa escola "O Ventoso" no concello de Laracha. Non tivemos sorte co tempo, que foi bastante malo, pero aínda así pasámolo moi ben.

Visita a Noia e Outes

  Aquí abaixo tedes unha presentación para que vexades o que fixemos os alumnos de Ed. Primaria o venres 22 de marzo. Esta presentación foi realizada polos alumos de 6º, que pasaron o mércores polas outras clases para que os seus compañeiros a visen e explicarlles as dúbidas que puidesen xurdir. Para ver fotos dese momento e da excursión premede aquí.

Presentación visita Noia e Outes de Cristina

Wish

  O martes 19 de decembro todo o cole (menos algún enfermiño) a bordo de tres autobuses fomos ao cine de Marineda City.

  A película que vimos foi "Wish (el poder de los deseos)", un musical Disney. A experiencia como sempre mereceu a pena e todos volvemos moi contentos e cansados ao cole para enfrontar un delicioso lacón.

  Se queredes ver algunha foto deste día, premede en Asha, a protagonista da película.

Roteiro polo Camiño Inglés

O martes 20 de xuño todo o alumnado de Primaria realizou un roteiro polo Camiño Inglés facendo parada no albergue privado de Hospital de Bruma, onde nos explicaron, grazas a Paula e familia, como o teñen estruturado e deunos agasallos para as nosas neveiras.

Queremos agradecer a labor realizada durante toda a xornada por parte da Policía Local de Ordes.

Premede na imaxe para ver as imaxes da xornada.

Visita de 6º de Primaria ao Maruxa Mallo e Centro Vitais

O mércores 7 de xuño o alumnado de 6º de Primaria achegouse a Ordes para realizar diversas actividades.

Foron á dar unha volta á feira e de paso, mercaron uns churros para degustar no Centro de día Vitais, xunto cos maiores cos que se levar carteando todo o ano, foi un encontro moi emocionante. Tamén nos obsequiaron con galletas feitas por eles mesmos e logo xa partimos cara o instituto Maruxa Malo onde @s exalumn@s Paula Varela e Martín Garaboa nos explicaron todas as características aula por aula do centro. Premede na imaxe de Maruxa Mallo para ver as instantáneas do día.

Proxecto Terra - Allariz

Como parte do Proxecto Terra, onde fomos seleccionados para Allariz, realizamos unha serie de actividades formativas co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Premede na imaxe para ver as mellores instantáneas.

Saída ás Fragas do Eume

O 1 de xuño, o alumnado de 1º a 4º de Primaria foi ata as Fragas do Eume para realizar unha ruta de sendeirismo ao carón do río Eume e logo do xantar desfrutamos dun vídeo sobre a fauna e flora do lugar. Premede na vacaloura para ver as imaxes.

 

Autorización Allariz

Achegamos a autorización para a excursión pertencente ao proxecto Terra onde o noso centro foi seleccionado para ir a Allariz o día 1 e 2 de xuño.