Vostede está aquíComedor escolar
Comedor escolar
Benvidos ao comedor
O obxectivo fundamental é que os nosos rapaces coman dun xeito san e equilibrado. Por iso haberá sempre unha gran variedade de alimentos, incluíndo verduras, peixe e froita. Pero ademais e, non menos importante, tamén pretendemos que @s alumn@s estean abertos a novos sabores e respecten a comida non desperdiciando alimentos.
Cómpre que o alumnado que teña alerxias, intolerancias ou outras condicións que incidan na súa dieta, informen ao centro das súas ausencias para non desperdiciar comida e ser o máis sostibles posible.
BO PROVEITO!
Se queres saber cal é o menú deste mes sen necesidade de consultar o que reparten en papel no colexio, preme no seguinte enlace:
PAGAMENTO DO SERVIZO DO COMEDOR
O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo (en papel ou por Abalar),deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo establecido na normativa reguladora dos comedores escolares.
Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.
Dito o anterior, os métodos para efectuar o pagamento son 3:
1- Pagamento a través da web ABALAR (moi recomendable), preme na icona para ver o titorial:
Unha vez feito o pago, precisamos que envíen ao correo do centro (ceip.meson.vento@edu.xunta.gal) o xustificante de pago, xa que, ás veces non recibimos notificación da entidade bancaria. Pregamos, por operatividade, que o arquivo enviado conteña o nome do alumno, curso e mes aboado (por exemplo: Marcos Gómez - 6ºEP - Mes de maio).
2- Pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda:
O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. https://ovt.atriga.gal/
* Ruta: cidadáns-pago telemático de taxas e prezos- iniciar (acceso libre) á taxa- iniciar tramitación electrónica - introducir os datos da taxa (recollidos no papel de pago) - intro ducir os datos indentificativos do pagador - pago telemático - selección do método de pago.
Unha vez feito o pago, deberán presentar no centro educativo a folla xustificativa do pago, xa que non recibimos notificación da entidade bancaria.
3- Pagamento presencial nas entidades bancarias.
Unha vez feito o pago na entidade bancaria,deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, xa que non recibimos notificación da entidade bancaria.
A COCIÑA DE ARDEMIRO
Modificación menú 16 de outubro
Bo día!
O menú de hoxe sufrirá unha pequena modificación. No lugar de atún, servirase peixe espada.
Saúdos.
Modificación menú 25 de setembro
Bo día!
Hoxe de sobremesa no lugar de caqui teremos unhas saborosas ameixas president.
Saúdos.
Modificación menú 17 e 19 de setembro
Boa tarde!
Por cuestións de loxística, intercambiaranse as sobremesas previstas para o martes e xoves desta semana. O martes servirase mazá rosa e o xoves melón.
Saúdos!
Modificación menú 13/09/24
Bo día!
Por un pequeno erro de suministro, a pasta que se servirá hoxe, non será integral.
Saúdos!
Modificación menú 12/09/24
Bo día!
Por cuestións de loxística, modificaremos a sobremesa prevista no menú de hoxe. No lugar de platerina, servirase ameixa amarela.
Saúdos!
Colaborador@s do comedor escolar 24-25
Durante a vindeira semana, do 1 ao 5 de xullo en horario de 10.00h. a 13.00h, abrirase o prazo para para ser colaborador/a do comedor escolar no curso escolar 2024/2025.
Para iso, deberedes cubrir o anexo III (apuntando abaixo o número de conta bancaria onde queredes o ingreso e a retención do IRPF) que achegamos abaixo nesta nova, e entregalo na dirección do centro. Cómpre que marquedes a palabra colaborador/a.
Xunto con isto, precisamos o certificado de delitos de natureza sexual para o traballo habitual con menores.
A vosa proposta atenderase no vindeiro Consello Escolar de setembro.
As instrucións e funcións a desenvolver explicaranse en setembro nunha reunión antes do comezo do curso.
SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR 24-25 - MODELO DE AUTODECLARACIÓN
As familias das persoas usuarias do servizo de comedor no vindeiro curso 2024-2025 deberán cumplimentar o "Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións", que adxuntamos nesta publicación, e entregalo na secretaría do noso centro educativo en horario de 10.00h. a 13.00h, na semana do 1 ao 5 de xullo.
Recordamos que neste documento non fai falla indicar a conta do IRPF, xa que non é necesario xustificar ante o centro educativo ditas cantidades, únicamente é preciso marcar a casiña que corresponde (gratuíto, 1€, 2,50€ ou 4,50€).
Tamén podedes mirar na seguinte ligazón para o para o cálculo: https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
Tendes un documento coas aclaracións sobre a renda familiar, os usuarios de pagamento gratuíto, concepto de unidade familiar e o propio anexo II para cubrir en ficheiros adxuntos.
Segunda formación en 1ºs Auxilios
O xoves pola tarde realizouse a segunda sesión de primeiros auxilios para o persoal do comedor escolar. Foi unha sesión moi práctica onde puidemos realizar entre outras cousas, o masaxe cardíaco e as insuflacións.
Formación en primeiros auxilios do persoal do Comedor Escolar
O xoves 25 de abril, comezou no noso centro, a Escola de Nais e Pais (ENAPAS) proposta polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) para o persoal de Comedor Escolar.
Neste relatorio fíxose un resumo das intervencións de primeiros auxilios máis básicas a ter en conta nun Comedor Escolar. No futuro agardamos que a nosa comunidade educativa se poida formar noutras temáticas.
Deixámosvos con un par de imaxes da xornada:
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »