Vostede está aquíTransporte escolar
Transporte escolar
Servizo de transporte
O servizo de transporte escolar corre a cargo da empresa AUTOBUSES GRABANXA.
Hai 4 rutas ao comezo e ao final da xornada escolar. Non hai servizo de transporte ao mediodía.
Todos os autobuses teñen acompañante.
Este curso 2024-25 utilizan o transporte sobre 135 alumnos/as.
Cómpre avisar antes das 13:50 para a recollida do alumnado no centro, doutro xeito, como norma xeral, o alumnado que solicitou transporte escolar irá no bus.
As persoas con dereito a transporte que non fagan uso do transporte escolar de xeito regular continuado perderán dita condición de persoa con dereito a transporte escolar; para tal efecto, considerarase como continuada a non utilización do servizo cando esta se produza, sen causa xustificada, 5 días nun período de 30 días naturais consecutivos.
Isto ten a excepción do alumnado que xa informou que de xeito recorrente non vai a empregar o transporte por madrugadores, actividades extraescolares, ... e o centro foi informado en tempo e forma.
Solicitude de novas de paradas e autorización de usuari@s excepcionais do Transporte Escolar
No día de hoxe recibimos as novas instrucións sobre a xestión do Transporte Escolar para o curso 2024/2025.
Por elo, as familias que precisen e/ou deban realizar algún trámite ao respecto, informámolas de cada un deles a continuación:
- Solicitar novas paradas de transporte escolar ou solicitar o cambio de localización dunha parada xa existente.
Seguindo as instrucións vixentes, con carácter xeral, non se poderán introducir novas paradas a menos de 2km. de distancia das xa existentes, nin fóra da zona de influencia do centro.
- Solicitar o uso do transporte escolar para usuari@s de fóra da área de influencia ou usuari@s que teñan menos distancia de 2km do centro educativo.
Ante a eventualidade de que haxa vehículos que conten con prazas vacantes nas rutas de transporte escolar xestionadas pola Consellería de Educación, e co obxectivo de optimizar os recursos dispoñibles, poderase autorizar o uso excepcional do servizo a aqueles/as alumnos/as que aínda que non ostenten a condición de persoa usuaria con dereito a transporte escolar, pode excepcionalmente usar o servizo sempre que concorran os seguintes requisitos:
- Que existan prazas vacantes
- Que non comporte a modificación das rutas
- Que non supoña a creación de novas paradas
- Que non incremente a duración do traxecto
- Que non precise a incorporación de acompañante
É función do equipo directivo proceder á asignación de prazas ás persoas usuarias que soliciten o transporte e a súa prelación no caso de ter máis solicitudes que prazas.
Achegamos en ficheiros adxuntos a solicitude para este trámite a entregar no centro educativo.
As persoas interesadas en realizar ditos trámites (ou calquera outro relacionado co transporte escolar) deberán facelo de forma presencial no noso centro educativo en horario de 10.00h. a 13.00h., do 2 ao 5 de xullo.
Unicamente poderán ser tramitadas fóra deste prazo solicitudes por necesidades extraordinarias debidamente xustificadas, cambios de domicilio, escolarizacións posteriores ao comezo do curso, escolarizacións forzosas, etc.
Incidencias no Transporte Escolar liñas 1 Portela-Brea 2 e 4 Adrán-Brea 0.
Prezadas familias!
Fomos informados de que non se realizaron as rutas de transporte escolar conforme foron acordadas e actualizadas pola Xefatura Territorial.
Este problema é alleo ao centro, que informou en tempo e forma á empresa adxudicataria das rutas e usuarios en cada unha das mesmas. A dirección do centro informou da incidencia ao Servizo de Apoio aos Servizos Educativos tanto telefónicamente coma por escrito.
O alumnado na saída de hoxe e en adiante irá nas novas rutas das cales informamos o pasado 01-09-23 a través da nosa web.
Dende o centro intentamos sempre informarvos coa maior antelación posible para facilitar a vosa conciliación.
Sentimos as molestias ocasionadas.
Liñas do transporte (actualizado a 01/09/2023)
Engadimos as liñas de transporte actualizadas coas novas paradas autorizadas e os cambios de ruta.
Con respecto ao ano pasado, a Xefatura Territorial da Coruña ven de notificarnos a reordenación das liñas 1 Portela – Adina (a partir de agora chamada Portela – Brea 2) e liña 4 Adrán – O Canedo (a partir de agora Adrán – Brea 0).
Isto implica que as paradas: BREA 0, BREA 1, REVOLTA 1, REVOLTA 2, MORGADE, ADINA VELLA e ADINA CRUCE e que eran da liña 1 (Portela-Adina) pasarán a formar parte da liña 4, Adrán – Brea 0. En total, son 16 alumn@s que cambian de liña.
Todo o anterior vai a permitir que TODAS as liñas estean nun intervalo de tempo total orixinal de entre 24 e 36 minutos aproximadamente.
O resto de paradas de ámbalas dúas liñas NON teñen ningunha modificación con respecto a anos anteriores.
Pregamos que esteades pendentes os primeiros días para adaptarse aos novos horarios.
Se premedes no nome da liña, poderedes descargar o mapa da ruta e o nome de cada parada nun arquivo pdf.
LIÑA 1: ED151821 / A PORTELA - BREA 2
LIÑA 2: ED151822 / FOLGUEIRA - AXÁS
LIÑA 3: ED151823 / FONDO DE ALDEA - CABEZA DE LOBO
Alerta amarela 17/01/23
Prezadas familias!
Fomos informados pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería e MeteoGalicia dun fenómeno meteorolóxico adverso NIVEL AMARELO na nosa zona ao longo de mañá, martes 17 de xaneiro. Co cal, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
- SUSPENSIÓN do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, que é o noso caso.
- Nun principio pola mañá habería transporte escolar, a non ser que a situación cambie. Se isto sucede, intentaremos avisar o antes posible.
Mañá pola tarde, tentaremos realizar a saída e entrega de alumnado de xeito escalonado, por cursos.