Vostede está aquíPresentación

Presentación


Coñecendo a Ardemiro sticky icon

  

  Aínda non coñecedes á nosa mascota?

  Ardemiro é un lobo simpático e curioso que un día descubriu a maxia dos libros. Desde aquela coida deles coma se fosen tesouros e tivo unha gran idea:

 Organizar a biblioteca no Mesón!!

 Ardemiro convídavos sempre que queirades ir ler un pouco, buscar información ou simplemente xogar.

  Se queredes ver imaxes da nosa biblioteca, premede en "Fotos". Se queredes coñecer algo da apaixoante vida do noso amigo, premede en "Ardemiro". 

Susa Herrera

  O mércores 23 de outubro inauguramos solemnemente a nova temporada da biblioteca cunha espectacular actuación da cantante e compositora Susa Herrera, tan famosa que tivo que sufrir o inesperado acoso de 3 paparazzi!

 

10 anos con Ardemiro!

 Parece que foi onte (e xa pasaron 10 anos e non queda ningún alumno daquela época) cando un lobo adolescente veu ao noso cole para axudarnos a mellorar a biblioteca.

 Hoxe, xa todo un adulto, segue aquí traballando connosco. Se queres ver fotos da festa de hai 10 anos, preme aquí. Se queres coñecer máis cousas del, preme aquí. 

Enquisa de lectura 2013

  A finais do ano 2013 realizamos unha enquisa sobre lectura entre os nosos alumnos de primaria que foi respondida por un total de 48 rapaces.

  Un 80 % declarou que lle gusta bastante ou moito ler. Esa porcentaxe vai baixando coa idade. Así aos alumnos de 3º ciclo xa só lles gusta a un 66 %.

  Gústalles facer actividades variadas sobre os libros agás resumes escritos. Os libros que máis lles gustan son os de aventuras e humor e os que menos poesía e terror. Tampouco lles gustan as revistas e moito menos os xornais. De todas formas hai unha gran variedade de respostas e poucas conclusións claras.