Vostede está aquí3º e 4º de Primaria

3º e 4º de Primaria


Agrupamento do Alumnado sticky icon

3º: 15 alumnos/as

4º: 15 alumnos/as

Avaliación de diagnóstico para 4º de Educación Primaria

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.

No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril en horario lectivo.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( xuño)

Ola a tod@s, despois de estar varias semanas facendo actividades de música, durante estas semanas de xuño, últimas do curso,  na materia de música vouvos a deixar  que repasedes os contidos que estivemos vendo ata agora e para que poidades  facer os formularios que non teñades cubertos ata o mmento.

Ademais podedes facer os retos de Ardemiro e xa que foi repartido todo o material de música podedes centrarvos en repasar as cancións de frauta, a continuación déixovos as cancións de frauta e algún outro vídeo:

CANCION FRAUTA 3º CURSO: Un ratón me persigue

 

CANCION FRAUTA 4º CURSO: guateque

 

Outros vídeos:

 

Percusión corporal:

 

COREOGRAFIA MUSICAL

 

Saúdos a tod@s e ánimo nesta recta final de curso!!=)

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 25/05)

Ola a tod@s, esta semana en música tócanos repasar un pouquiño os instrumentos de vento metal, podedes facelo vendo o seguinte vídeo:

REPASO INSTRUMENTOS VENTO METAL

 

Ademais diso, imos a repasar os matices, aquí vos deixo unha táboa co que significaba cada un deles:

ACTIVIDADES

1. Ver o vídeo e repasar os instrumentos de vento metal.

2. Escoitar o seguinte vídeo e intentar acertar o nome do instrumento de vento metal que está soando: ( se non podedes escoitar o vídeo, posiblemente sexa polo navegador, non vos preocupedes, non pasa nada,  deixade a pregunta do formulario en branco que xa sei eu que é por algún problema técnico)

DISCRIMINACION INSTRUMENTOS VENTO METAL

 

Unha vez repasado todo o anterior, xa estades preparados para cubrir o formulario:

FORMULARIO 3º E 4º

 

Moitos biquiños para todos e ánimo coas actividades!!=)

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 11/05)

Benvidos a tod@s unha semana máis ao apartado de música, para esta semana imos comezar repasando os instrumentos de vento madeira, para isto aquí tedes un vídeo explicandoos para refrescar a memoria:

VIDEO INSTRUMENTOS VENTO MADEIRA

 

Ademais continuamos repasando os compases, desta vez o cxompás de 3/4  e o compás de 4/4:

COMPÁS DE 3/4

COMPÁS DE 4/4

 

ACTIVIDADES

1. Repasa os instrumentos de vento madeira co vídeo anterior.

2. Practica os compases mediante este xogo online:

Xogo compases musicais

3. Escoita o seguinte vídeo e intenta discriminar os instrumentos de vento que soan ( se o vídeo non vos vai, posiblemente sexa polo navegador, non vos preocupedes deixades esa pregunta en branco e xa sei eu que é porque non vos funciona)

DISCRIMINAR INSTRUMENTOS VENTO MADEIRA

4. Lembrádevos de ir repasando a canción de frauta, os que non a tedes na casa porque a tedes no cole, non vos preocupedes!!;D

 

Unha vez que repasaches ao anterior, xa estás preparado para cubrir o seguinte formulario:

 

FORMULARIO MUSICA 3º E 4º

 

Coidádevos e saúdos e biquiños a tod@s!!=)

 

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 11/05)

Ola a tod@s, para esta semana vouvos a propoñer o seguinte, que vos parece se repasamos os instrumentos de percusión determinada/indeterminada e os compases?

REPASO INSTRUMENTOS DE PERCUSION DETERMINADA E INDETERMINADA: para repasalos podesw ver o seguinte vídeo: vídeo instrumentos de percusión

Ademais dos instrumentos, lembrádesvos dos compases? Aquí podedes refrescar a memoria para ver que eran: Os compases musicais

ACTIVIDADES

1. Observa os seguintes instrumentos para despois responder ao formulario desta semana:

 

2. Realiza este xogo online para repasar os compases:  Buscando ao intruso

3. Escoita o seguinte vídeo apra ver se das discriminado que instrumento está soando, non ides ver nada na imaxe só escoitar, se por algún motivo tedes problema, non vos preocupedes deixade sen responder esa pregunta xa que a semana pasada deu algún erro, en principio está resolto, pero se aínda persiste non pasa nada por deixar en branco a resposta, xa sei eu que é por un fallo no vídeo:

Discriminación auditiva

4. Lembrádevos de ir repasando a canción de frauta os que a teñades na casa, se non a tedes porque está no cole non vos preocupedes!!;D

Unha vez repasado ao anterior, xa estades listos para cubrir o formulario desta semana, ánimo e a acertar as máximas respostas posibles:

FORMULARIO 3º e 4º

Saúdos a tod@s!!=)

 

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 04/05)

Ola a tod@s, continuamos con algo de música, desta vez vouvos a deixar algunha cousiña de repaso e unha vez que as repasedes, cubride o formulario que aparece abaixo:

TEORÍA DE REPASO

-VÍDEO DE REPASO: OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN

 

-AS FIGURAS E OS SILENCIOS: na clase estivemos vendo as figuras e os silencios, o seu nome e o seu valor, déixovos unha táboa de repaso:

 

ACTIVIDADES


1. Observa os seguintes instrumentos de percusión indeterminada, para despois responder ao cuestionario:

2. Xogos interactivos para repasar as figuras musicais e os seus valores  (clicade directamente no nome e xa ides ao enlace)

-Figuras musicais

-Valores das figuras

3. Escoitade os seguintes instrumentos de percusión indeterminada para logo responder ao cuestionario:  (clicade directamente en discriminación auditiva e xa vos leva ao audio)

Discriminación auditiva 

 

4. Repasar a canción de frauta. Os que teñades a frauta e poidades practicar un pouquiño a canción, podedesme mandar un vídeo ou audio de como o facedes ao meu correo, por se tedes algunha dúbida e para correxir erros que poidades ter, déixovos os enlaces as vosas cancións coa partitura e audio para que vos sexa máis fácil estudiala, os que non tedes a frauta na casa porque está no cole, non vos preocupedes:

-Canción frauta 3º: Un ratón me persigue

-Canción frauta 4º: Guateque

Unha vez repasada a teoría anterior  CUBRIDE O SEGUINTE FORMULARIO:

Para cubrir o formulario tedes que clicar directamente donde pon formulario musica 3º e 4º primaria

-Poñer o correo gmail dun dos pais do alumn@ para acceder

-Escribir o nome do alumn@

-Cubrir o formulario ( as respostas chegaranme no momento que o enviedes directamente a min e vos podedes ver nese momento as preguntas que están ben e mal)

-Enviar

 

Formulario musica 3º e 4º Primaria

 

Saúdos a tod@s

 

Actividades MÚSICA 3º e 4º (semana 20/04)

Ola a todos e todas, espero que estedes todos ben. Vouvos a deixar algunhas actividades para repasar cousas de música, deixarei sobre díúas semanas e logo poñerei algunha outra, para que así poidades continuar facendo os retos de Ardemiro, que xa sei que os estades facendo xenial, ide facéndoas sen agobiarse.

En primeiro lugar déixovos un vídeo que repasa os instrumentos de música:

INSTRUMENTOS MUSICAIS

Clicade directamente e xa vos envía ao enlace:

Musicograma MARCHA RADESKY 

Que instrumento soa?

Lembrádevos de repasar a canción de frauta:

CANCION DE 3º

CANCION DE 4º

Información actividades de música para INFANTIL e PRIMARIA

Ola a tod@s, gustaríame compartir con tod@s vós un vídeo gravado este fin de semana por varios membros da banda de música municipal de Silleda, a miña banda, que está  aparecendo en varios canais de televisión e internet, para que vexamos o valor da música aínda sen poder  estar xuntos, a canción titúlase " resistiré" espero que vos de enerxía para afrontar estes días.

Unha vez escoitado como tarefa para música, podedes apuntar nun papel queé instrumentos de vento madeira aparecen, recoñecedes algún instrumento de vento metal? Cal? 

Cando volvamos a clase xa analizamos as vosas respostas!!;D

VÍDEO: "RESISTIRÉ"