Vostede está aquíANPA
ANPA
Quen somos?
Presidenta: BEGOÑA CASTRO LIÑARES
Vicepresidenta: Mª DE LOS ÁNGELES QUINDIMIL MÉNDEZ
Secretaria: VALERIA DANIELA GUITIÁN GONZÁLEZ
Tesoreira: NATALIA CANDAL MARTÍNEZ
Vogais:
Mª YOLANDA MÍGUEZ LAREO
FERNANDO CANDAL IGLESIAS
LUCIA GESTAL BECERRA
Mª JOSÉ LOIS LOURO
Mª VANESA FERREIRO OTERO
MONTSERRAT RUBIO MOURE
VANESA AMOR LOURO
Magosto Solidario 2024 - Aberto ás persoas da comarca
Como centro educativo que somos, non podemos vivir alleos ao que nos rodea e iso desafortunadamente tamén implica malos momentos como os vividos na pasada semana.
A ANPA do noso centro educativo, a petición das nais/pais do centro, organizará un Magosto Solidario en favor d@s damnificad@s polo DANA para todas aquelas persoas da comarca que queiran contribuír á causa o venres 8 de novembro de 16:15 a 17h. A cambio levarán unha presa de castañas asadas como agradecemento.
Compre sinalar que achegaremos unha listaxe actualizada de útiles remitida pola FVMP (Federación Valenciana de Municipios e Provincia) que son necesarios de aportar.
Agradecemos que as persoas que queiran contribuír só doen eses útiles da listaxe ou realicen aportacións económicas (moi recomendadas pola FVMP) , xa que, por operatividade e loxística é o que a comunidade precisa.
Esta listaxe irase actualizando ao longo da semana, debido a que, afortunadamente, xa se comezaron a restablecer bens básicos como a luz e auga.
A data 06/11/24 os útiles necesarios son:
-cueiros
-comida envasada (conservas, potitos…)
-compresas
-roupa interior sin usar
-leite en po para adultos e bebes
-biberóns
-calcetíns
-mantas
-auga
-comida sen glute
- máscaras e luvas
- botas e zapatos de traballo.
- roupa de traballo.
- roupa para bebés e nen@s.
Unha vez rematado o mesmo, engadiremos nesta mesma nova o recadado, faremos o pertinente inventario e explicaremos a loxística de envío e recepción do recadado.
- A recadación foi de 265€, e foi destinada para o centro educativo CEIP ORBA de Alfafar, centro moi afectado pola DANA. Tendes aquí o xustificante de pagamento.
- Premede na ligazón para ver a listaxe con todas as doazóns.
- Dadas as necesidades actuais, as doazóns serán enviadas nas vindeiras semanas a través de AxudaCoruñaValencia.
Servizo de madrugadores
Queremos informarvos de que tedes dispoñible o servizo de madrugadores.
O horario do servizo será de 7:30 a 9:45. Haberá diversas tarifas en función de se o alumnado o emprega o mes completo, medio mes ou días soltos.
@s interesad@s debedes mandar cuberta a solicitude adxunta abaixo a ordes@escuelacontalento.es e unha copia a anpaceipmesondovento@gmail.com
Para máis información contactade coa ANPA do centro a través do correo anterior.
"O PROGRAMA CONCILIACION MADRUGADORES (BOS DÍAS COLE) 2022 é unha actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Ministerio de Igualdad, ao abeiro do Plan Cosrresponsables (SI436C), según notificación recibida da resolución da concesión de subvención: AXUDAS EN DESENVOLVEMENTO DO PLAN CORRESPONSABLES 2022 (SI436A, SI436B E SI436C), con data 07/12/2022"
Excursión a Portugal
Aquí vos deixamos unhas imaxes da excursión a Portugal do alumnado de 5º e 6º de Primaria como actividade de fin de curso. Premede aquí.
Enquisa de lectura 2013
A finais do ano 2013 pasouse unha enquisa de lectura aos pais / nais do centro, na que a participación foi bastante alta (71 pais e 75 nais).
Os resultados, non por previsibles, deixan de ser interesantes. Se os queredes ver con detalle premede no arquivo adxunto.
Ah! E boa lectura!