Vostede está aquíSecretaría

Secretaría


Datos Oficiais sticky icon

Denominación:            CEIP Mesón do Vento

Concello:                     Ordes

Localidade:                  Mesón do Vento

Zona educativa:           Ordes - Mesón do Vento

Código da zona:          150990

Código do centro:       15011105

C.I.F.:                          Q6555024F

Teléfono:                    881 880 894

Fax:                            881 880 895

e-mail:                        ceip.meson.vento@edu.xunta.gal

Código postal:             15689

 

UNIDADES POSTOS DE TRABALLO
EI EP Mixtas TOTAL EI EP FI FF EM EF PT AL OC TOTAL
3 6 0 9 2 5 1 1 1 1 1 0 1 13

Peche do centro e datas a recordar en setembro

Primeiramente informamos que o centro permanecerá pechado a partir deste mércores 24 de xullo ata o 1 de setembro. Calquera comunicación que sexa urxente de informar, realizarase ao correo do centro.

 Tamén, comentar varias datas importantes de cara ao vindeiro curso:

 - 4 de setembro ás 12.00h., reunión coas persoas que solicitaron ser colaboradoras do comedor escolar.

- 6 de setembro ás 11.00h., presentación do claustro no pavillón e reunións coas familias nas titorías.

- 11 de setembro, comezo das clases.

 

Desfrutade do verán e cargade pilas para as novas aventuras que imos a vivir xuntos.

 

Un saúdo

O equipo directivo

Libros de texto 2024-2025

Achégase a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2024/2025.

Axudas de libros de texto e de material escolar

Acabamos de publicar a listaxe provisional das “Axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar”. Podedes consultala no taboleiro do centro educativo, chamando ao mesmo, en horario de 10.00h. a 13.00h., ou a través da plataforma informática.

Lembramos, que de non estar conforme coa resolución, poderedes interpoñer unha reclamación no prazo de dous días, logo da publicación da listaxe provisional.

A listaxe definitiva publicarase o vindeiro mércores 3 de xullo.

A recollida de vales de libros e/ou material será de 10.00h. a 13.00h. os días:

- Mércores 3 de xullo.

- Xoves 4 de xullo.

- Venres 5 de xullo.

Formalización de matrículas

O prazo para formalizar a matrícula d@s alumn@s de nova incorporación ao noso centro será dende o 20 xuño ao 1 de xullo. 

Recordamos a ORDE do 21 de outubro de 2022 no seu artigo 41.2:

-Se unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído o seu dereito á praza obtida.

A documentación será entregada na secretaría do centro no horario de atención ás familias (do 24 de xuño ata o 1 de xullo será de atención continuada de 10:00 a 13:00), que achegamos en ficheiros adxuntos. Cómpre solicitar cita previa. Deben achegar a seguinte documentación:

- Impreso de matrícula correctamente cuberto.

- 4 fotos carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia da cartilla de vacinas. 

Logo de formalizar a matrícula, emprazarémonos para o martes 9 de xullo ás 11h no centro educativo para unha reunión coas familias do grupo de 4ºEI para o curso 24/25.

O alumnado actual de 6ºEP que vai para o instituto, deberá informarse no centro onde foron admitidos dos prazos correspondentes.

O alumnado que solicitou a admisión no noso centro fóra de prazo está pendente da valoración da Inspección Educativa, informaremos á familia correspondente en cada caso.

FONDO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL 2024/2025

FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

Este ano, ao igual que o anterior, a solicitude poderase cumplimentar a través da seguinte páxina web https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou entregándoa en formato papel no centro educativo (recordamos que para a entrega de documentación é importante que consultedes o horario de atención ás familias).

Prazo de solicitude do 21/05/2024 ao 21/06/2024, ambos incluídos.

O alumnado de 6º de Educación Primaria deberá presentar a solicitude no centro de educación secundaria no que foron admitidos/as.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS 4ºEI

Vimos de publicar a listaxe definitiva de admitidos para 4º de Educación Infantil.

Podedes consultala:

  • Presencialmente, única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente, única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

Tras a publicación desta listaxe definitiva, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (artigo 36 da ORDE do 21 de outubro de 2022).

Todo o alumnado que solicitou praza no prazo ordinario no noso centro educativo está admitido.

O alumnado admitido no noso centro educativo formalizará a súa matrícula na secretaría do centro do 20 de xuño ao 1 de xullo, no horario de atención ás familias.

SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2024/2025

Segundo o disposto no artigo 4 punto 1 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento nos centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: “O alumnado que queira acceder aos servizos complementarios de comedor e/ou transporte e teña garantía de permanencia no centro docente e non teña que formalizar a matrícula, deberá solicitalos expresamente mediante escrito dirixido ao centro durante o mes de maio de cada ano”.

Seguindo a Instrución Conxunta 1/2023, correspondente ao transporte escolar, para manter a condición de usuaria/o con dereito ao transporte escolar, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas, no caso que non se faga uso de xeito continuado, perderá a condición de usuario con dereito a transporte.

Seguindo a Instrución 2/2023, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, @s usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.

 

Achegámoslles a solicitude de comedor e de transporte escolar para o vindeiro curso 2024/2025. Se están interesados, deben presentala no centro ata o 31 de maio. Podedes achegalas na mochila das vosas crianzas.

As solicitudes terán que vir asinadas por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coas solicitudes a resolución xudicial correspondente, agás en casos de violencia de xénero.

 

Na solicitude de comedor podedes marcar máis dun criterio pero debedes achegar a documentación acreditativa do mesmo.

 

Lembren acompañar a solicitude coa copia da documentación que corresponda segundo o caso:

− Usuario de transporte escolar sen servizo a mediodía: É preciso entregar un certificado familiar colectivo do PADRÓN MUNICIPAL (no caso de sufrir algunha modificación).

− Usuario en situación socioeconómica desfavorable: INFORME dos Servizos Sociais do Concello.

− Usuario cunha discapacidade igual ou superior ao 33%: CERTIFICADO de minusvalía.

− Familias numerosas: TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.

− Se os pais traballan e non teñen horarios compatibles coa saída do alumnado: CERTIFICADO de horario con selo e asinado pola empresa.

− TRABALLADORES AUTÓNOMOS: CERTIFICADO de alta e último recibo aboado.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Vimos de publicar a listaxe provisional de admitidos para 4º de Ed. Infantil.

Todo o alumnado que solicitou praza no noso centro educativo está admitido.

Podedes consultala:

  • - Presencialmente: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • - Telemáticamente: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Tras a publicación desta listaxe provisional, temos un período de reclamación de 5 días hábiles, contando como primeiro día o xoves 4 de abril e rematando o mércores 10 de abril.

Lembramos os vindeiros prazos:

  • - Publicación da listaxe definitiva, antes do 15 de maio do 2024.
  • - O alumnado admitido no centro formalizará a súa matrícula na Secretaría do centro educativo do 20 de xuño ao 1 de xullo.

Avaliación de diagnóstico para 4º de Educación Primaria

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.

No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril en horario lectivo.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf