Vostede está aquíLocalización

Localización


Situación sticky icon

O CEIP Mesón do Vento localízase na poboación do mesmo nome, que pertence ao Concello de Ordes. Está situado a uns 9 Km ao Norte da capital.

 

Zonas de Escolarización

 O centro atendía a alumnos pertencentes a 4 parroquias do concello de Ordes: Ardemil, Leira e parte de Buscás e Vilamaior. Tamén atendía aos alumnos de Hospital de Bruma (concello de Mesía) e a algúns de Carral. No curso 16-17 aumentou a área de influencia a toda a parroquia de Vilamaior, a Mercurín e á zona da Bailía (Leira).

  Todos os lugares están afastados da capitalidade dos seus concellos e teñen un caracter eminentemente rural.