Vostede está aquíDeportes

Deportes


Campo a Través

  Un ano máis o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P. foi o venres día 1 de decembro ao circuito da Madalena ás competicións de campo a Través.

  Un ano máis a nosa felicitación a tod@s pola súa entrega a pesar das duras circunstancias climáticas. Se queredes ver algunha foto do evento, premede na imaxe.

Videos

Video: We are going on a bear hunt

https://www.youtube.com/watch?v=0gyI6ykDwds

Video: Wind the bobbin up

https://www.youtube.com/watch?v=wR9HI9IkmH8

Video: Bindi Irwin Snake in the Grass

https://www.youtube.com/watch?v=CbGgFz6S4aQ

Campo a Través

  O venres 30 de novembro os alumnos de 4º, 5º e 6º competiron na carreira de Campo a Través no circuito da Madalena.

  Noraboa a todos eles pola súa participación e especialmente a Natalia Queijo de 5º curso que foi a que logrou a mellor clasificación. Se queredes ver fotos, premede na imaxe.

Taekwondo!

O sábado 10 de marzo, na localidade de Cangas do Morrazo, o alumno do noso centro Mateo Boudjenane Liñares proclamouse  campión galego promesas da categoría cadete -41 kg. Doutra banda, o seu compañeiro de equipo e de colexio Daniel Botana Beis acadou a medalla de ouro na copa da Coruña o 3 de marzo.

O domingo 13 de maio foi outro día exitoso para os nosos dous deportistas. Tanto Mateo como Daniel se proclamaron en Arteixo campións provinciais na modalidade de combate. Aseguraron así a clasificación para a fase autonómica que se celebraría en Outes.

  O sábado 19 de maio en Outes Daniel Botana Beis non puido superar a 1ª ronda pero Mateo logrou vencer nos seus 3 combates e subir ao máis alto do podio, converténdose en campión de Galicia.

  Finalmente, o 16 e 17 de xuño Mateo proclamouse campión do prestixioso XI Open de Basauri. O deportista do Boudsport acudía convocado pola Selección Galega cadete como test para ver quen representará a Galicia nos vindeiros campionatos de España e demostrou que é o claro favorito no seu peso. Noraboa! Ver fotos aquí.

Campo a Través

  O venres 1 de decembro de 2017 os nosos rapaces foron competir ao circuito da Madalena como todos os anos.

  O sábado 20 de xaneiro, un día bastante chuvioso, foron competir de novo no Campionato Galego de Campo a Través. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Campionato de España de Taekwondo

  Mateo Boudjenane Liñares e Daniel Botana Beis, estudantes do CEIP Mesón do Vento, competiron no Campeonato de España de clubs 2017 que se celebrou en Castellón do 8 a 10 de decembro. Mateo logrou a medalla de prata na categoria Precadete A -40 Kg onde había 29 competidores, e Daniel acadou a medalla de bronce en Precadete B -40 onde había 14. O equipo Boudsport logrou 5 medallas (unha de ouro con Ainara Loureiro) nun campionato con máis de 3.300 participantes. Noraboa a todos!!!

Taekwondo en Moaña

  Mateo Boudjenane Liñares, alumno do CEIP Meson do Vento, competiu o sábado 30 de setembro co seu club Boudsport no Open Internacional Vila de Moaña no inicio do ranking galego 2017 /2018. Mateo despois do parón estival volveu subirse ao máis alto do podio ao superar a todos os seus rivais, demostrando o seu bo estado de forma tanto técnico como físico e psicolóxico.

  En novembro, Mateo volveu competir no Open Internacional de Moaña (onde había uns 1.000 participantes) acadando a medalla de prata. Proximamente irá xunto con Daniel Botana ao Campionato de Esapaña que se celebrará en Castellón. Se queredes ver algunhas fotos destes eventos, premede aquí.

Noraboa, Mateo

  Unha vez máis temos que dar a boa nova de que o noso alumno Mateo Boudjenane Liñares pertencente ao club Boudsport de Ordes proclamouse subcampión galego da súa categoría no torneo celebrado en Noia.

  Logo proclamouse campión do peso galo precadete no Open Cidade do Lérez completando unha brillante tempada:

Cidade de Ourense 2016 (ouro) Vila de Moaña 2016 (ouro)
Cidade de Riveira 2016 (ouro) Cidade de Pontevedra 2016 (bronce)
Copa da Coruña 2016 (ouro) Cidade de Moaña 2016 (bronce)
Open Internacional Portugal 2017 (ouro) Copa da Coruña 2017 (ouro)
Cpto provincial Xogade Ordes 2017 (ouro) Cpto autonómico Xogade Noia 2017 (prata)
Open Cidade do Lerez 2017 (ouro)
 

Taekwondo en Ordes

  O domingo, 7 de maio tivo lugar o Campionato Provincial de Taekwondo en Idade Escolar XOGADE, modalidade de exhibición e combate, no pavillón Castelao de Ordes.
  O club ordense Boudsport acadou moi bos resultados na modalidade de combate -única na que se presentaba-, subindo ao podio en todas as categorías nas que participou e acadando o 2º posto por clubes na xeral. Este bo resultado posibilita que todos os seus competidores poidan participar no campionato autonómico que terá lugar en Noia a finais deste mes.
  Pola parte que toca ao noso centro escolar, destacamos a actuación do alumno Mateo Boudjenane  que acadou o 1º posto,  medalla de ouro na súa categoría.
  O alumno Daniel Botana non puido competir xa que non entraba no tramo de idade que requería dito campeonato, pero estivo presente no mesmo ofrecendo todo o seu apoio aos seus compañeiros de club.
  Por último, tamén queremos facer unha pequena mención á actuación de  Diego Varela, ex-alumno deste centro, tamén membro de Boudsport, xa que acadou un destacable 3º posto -medalla de bronce- en dito campeonato.
  Para ver fotos do evento, premede aquí: FOTOS.