Vostede está aquíDESPEDÍMONOS DOS ARDEMIRO´S GAMES

DESPEDÍMONOS DOS ARDEMIRO´S GAMES


Seguramente este trimestre e medio que acabamos de pasar o recordaremos por sempre, e non por boa cousa.  Foron momentos moi duros nos que se puxo ao ser humano ao límite e na maior parte dos casos, respondeu axeitadamente. A idea inicial era intentar realizar retos de todo tipo co gallo de manternos unidos, conectados e activos. 

Humildemente cremos que ese obxectivo cumpliuse moi por enriba das nosas expectativas, xa que foron moitas as familias que tomaron parte destes “Ardemiro’s Games”, incluso, facendo os retos despois dunha longa xornada de traballo entre outras circunstancias persoais. Sabemos que non é fácil conciliar todo iso, e polo tanto, gustaríanos agradecervos todo o esforzo realizado, as horas de ensaio e posta a punto dos retos, as horas de gravación, as horas nas que intentáchedes subir o vídeo ou a foto e o programa non era capaz de subilo….mil grazas por todo.

Aínda que sexa por unha fría pantalla de ordenador,  saber que estabades aí esforzándovos e tratando de facelo o mellor posible significou moito para nós.

Agardamos que á volta de verán teñamos boas novas e nos poidamos dar eses abrazos que tanto desexamos e botamos de menos.

 

Coidádevos moito e seguide activos!

 

 

 

Etiquetas