Vostede está aquí35th CHALLENGE 15/05/2020: CREANDO UN CONTO TODOS XUNTOS

35th CHALLENGE 15/05/2020: CREANDO UN CONTO TODOS XUNTOS


Como todos sabedes estamos nunha semana moi importante, pois coma todos os anos, que se celebra este fin de semana? Vouvos a dar una pista, o domingo é o 17 de maio… efectivamenteee!! é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, por este motivo e como non podía ser de outra forma o reto versará sobre este día, en que consiste? En crear un conto entre todos.

Si, estades lendo ben, imos  a crear un conto entre todos, para iso que temos que facer?  

O mestre Álex escribirá no padlet e gravará nun audio o comezo do conto, o que temos que facer é continualo. Cada familia inventará entre 3 ou 4 frases e escribiraas no padlet xunto con unha grabación desas frases, continuando o conto sempre a partir do que foron escribindo as diferentes familias anteriormente. A mestra Rocío será a encargada de poñerlle fin a ese conto, esto será o domingo, pois como sabedes este reto durará todo o fin de semana. Ánimo que entre todos seguro que queda un conto chulísimo.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 35º RETO?

1. Ler/ escoitar o que esté escrito do conto polas persoas que o fixeron antes ca nós.

2. Continuar o conto escribindo 3 ou 4 frases por familia, acompañalo con un debuxo e subilo ao padlet da 7ª/8ª/9ª semana.

3. Gravar un audio desas 3 ou 4 frases e poñelo tamén no padlet da 7ª/8ª/9ª semana.

4. Se cumprides estas premisas RETO CONSEGUIDO.  

Etiquetas