Vostede está aquí 27th CHALLENGE 27 /04/2020: RAPEAMOS
27th CHALLENGE 27 /04/2020: RAPEAMOS
Moi ben eses xogos feitos no fin de semana, agora chegamos a outro reto movidito, desta vez imos a realizar unha coreografía RAP, sabedes o que é o rap? É un estilo musical que naceu sobre os anos 1980 en Nueva York, caracterízase por ter un ritmo monótono, é dicir, prácticamente igual ao longo da canción e con moitas síncopas, ademais cantan textos longos con letras de diferentes temáticas acompañados de unha base/ acompañamento instrumental.
No vídeo xa van explicando os diferentes pasos antes de comezar coa coreografía, asique preparados, ánimo e a rapear.
COMO LOGRAMOS SUPERAR O 27º RETO?
1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.
2. Preparar a nosa coreografía rap en familia.
3. Gravar un vídeo/foto do rap e subilo ao padlet da 7ª/8ª semana.
4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.